O estudantado universitario galego terá neste curso 2012/2013 as taxas máis baixas de todo o estado

As primeiras matrículas, que representan un 75% do total, manteñen exactamente o mesmo importe do pasado ano

Segundo o publicado no Diario Oficial de Galicia esta comunidade conxelou as primeiras matrículas, sen subir nin sequera o IPC

Xov, 06/09/2012 - 16:46

Os universitarios galegos terán que aboar este curso as matrículas máis baixas de España, despois de que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acordara conxelar as primeiras matrículas, sen subir sequera o IPC. De feito, as primeiras matrículas, que supoñen as tres cuartas partes das que se realizan en Galicia, manteñen exactamente o mesmo prezo ca o ano pasado. Uns prezos, que xa foron publicado no Diario Oficial de Galicia, antes de que comezará o proceso de matriculación nas universidades galegas, o que permitiu aos estudantes da comunidade autónoma dispoñer dos prezos e custe dos estudos para o curso 2012- 2012.

Primeira matrícula de grao

Cómpre lembrar que a primeira matrícula representa ao redor do 75% do total de matrículas do alumnado universitario. E segundo o reflectido no Diario Oficial de Galicia para o presente curso universitario non se modificou o prezos de ditas taxas, e deste xeito xunto a Asturias, Galicia é unha das dúas únicas comunidades onde non se variou o prezo das taxas respecto ao curso anterior. Isto quere dicir que tres de cada catro alumnos ou alumnas que se matriculen nas universidades públicas de Galicia para o vindeiro curso académico 2012-13 pagarán a mesma cantidade que o pasado ano 2011.

Con esta conxelación das taxas Galicia é a comunidade más económica de toda España xa que este curso pasa a ocupar o primeiro posto en prezos máis baixos das taxas universitarias de grao, fronte ao segundo lugar do curso pasado, por detrás das Illas Canarias. Isto débese a que co novo sistema de fixación de prezos, Galicia pasa a ser a comunidade cos prezos de primeira matrícula máis baixos de España (9,85 euros o crédito e 591 euros o curso completo). Outras sete Comunidades aplicarán aumentos inferiores ao 5%, e as oito restantes introducirán incrementos elevados que, no caso de Cataluña, chegan ata un 66,69% de suba.

Así, o cadro de prezos nas primeiras matrículas das comunidades autónomas quedan (segundo a normativas publicadas nos respectivos diarios oficiais) do seguinte xeito:

Comunidade Autónoma /

Mínima experimentalidade

1ª matrícula Grao (crédito)

1ª matrícula Grao (curso completo)

Suba respecto ao curso anterior

(1ª matrícula)

Andalucía

12,49

749,4

2,38%

Aragón

13,03

781,8

3,58%

Cantabria

10,31

618,60

3,61%

Castela León

16,67

1.000,2

35,20%

Castela A Mancha

11,91

714,90

20,30%

Cataluña

25,27

1.516,20

66,69%

Comunidade Valenciana

16,15

969

33,36%

Estremadura

10,07

604,2

1,92%

Galicia

9,85

591

0%

Illas Baleares

12,27

736,2

9,74%

Illas Canarias

12,30

738

42,52%

A Rioxa

13,93

835,8

2,12%

Madrid

21,32

1.279,2

51,74%

Navarra

15,70

942

3,97%

País Vasco

13,69

821,4

2,01%

Principado de Asturias

12,11

726,6

0%

Rexión de Murcia

14,09

845,40

11,82%

 

Segunda matrícula de grao

No relativo ás segundas matrículas, que constitúen o 15% das matrículas, volven a situar a a Galicia como a comunidade na que os prezos son máis económicos. Cómpre recordar que esta matrícula afecta a aqueles repetidores de segundo ano, con dúas convocatorias suspensas, e que teñen unha maior incidencia en titulacións como Arquitectura, Ciencias, e Enxeñarías.

Como se pode observar na comparativa dos datos publicados polos diferentes diarios oficiais as diferenzas de prezo entre comunidades aumentan e se sitúan nos 13,62 € tendo preto a catro comunidades teñen un prezo de crédito por debaixo de 20 €, pero lonxe do galego, e algunhas case triplican as taxas de Galicia.

Comunidade Autónoma /

Mínima experimentalidade

2ª matrícula Grao (crédito)

Andalucía

24,97

Aragón

19,34

Cantabria

20,62

Castela León

25,01

Castela A Mancha

23,83

Cataluña

35,38

Comunidade Valenciana

28,26

Estremadura

20,14

Galicia

13,62

Illas Baleares

24,54

Illas Canarias

24,60

A Rioxa

27,85

Madrid

37,90

Navarra

31,41

País Vasco

16,80

Principado de Asturias

18,43

Rexión de Murcia

28,17