Vázquez Abad participa na entrega da XXVIII edición do premio Celanova, Casa dos Poetas ao actor Luis Tosar

O conselleiro de Cultura e Educación recordou na súa intervención que o artista recibe o recoñecemento por ter desenvolvido unha labor significativa a prol da cultura galega

Por primeira vez, desde que foi instaurado, o galardón recae nun actor

No mesmo acto tamén foi realizada unha ofrenda floral diante do monumento do concello ourensán a Celso Emilio Ferreiro do que este ano se celebra o centenario do seu nacemento

Dom, 02/09/2012 - 13:30
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na entrega do XXVIII Premio Celanova, Casa dos Poetas, da que é patrón a Consellería, e que esta edición recaeu no actor Luis Tosar

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na entrega do XXVIII Premio Celanova, Casa dos Poetas, da que é patrón a Consellería, e que esta edición recaeu no actor Luis Tosar.

Previamente o conselleiro interveu na ofrenda floral celebrada diante do monumento que o concello ourensán ten en honor a Celso Emilio Ferreiro, neste punto o conselleiro destacou a figura do intelectual galego no seu centenario do seu nacemento, e dixo que “centra a súa obra en fundamentos semellantes aos de Curros: a dignificación do pobo galego, a defensa da nosa lingua e da nosa cultura”.

Asemade, e en relación ao premio deste ano polo Celanova, Casa dos Poetas, Vázquez Abad dixo que este galardón é un recoñecemento á labor deste lucense tanto detrás como diante das cámaras e dos focos, e dixo que “recoñecemos a súa traxectoria profesional, o seu compromiso. Ninguén mellor ca el para recibir este galardón”.

No acto de concesión do premio tamén estiveron presentes o presidente da Fundación Curros Enríquez e alcalde de Celanova, Antonio Mouriño; os presidentes da Real Academia Galega e da Deputación de Ourense, Xosé Luís Méndez Ferrón e José Manuel Baltar respectivamente, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e diversos persoeiros do mundo da cultura.

Primeiro actor

Por primeira vez o pasado mes de xuño o padroado da Fundación Manuel Curros Enríquez, decidiu que Luis Tosar recibira o recoñecemento. Cómpre destacar que esta é primeira vez que un actor recibe o Celanova, Casa dos Poetas, e que hasta o de agora o mundo do cine había sido recoñecido a través do cineasta Carlos Velo Cobelas, no 1988.

O premio Celanova, Casa dos poetas, ten como obxectivo homenaxear a un galego que ao longo da súa vida destacara pola súa defensa dos valores culturais de Galicia. Algo que Luis Tosar leva feito tanto ao longo da súa vida como da súa traxectoria profesional, tal e como demostra tanto a súa filmografía como as súas accións empresariais e nas actividades a prol de Galicia nas que estivo e esta implicado.

Ano Celso Emilio

Por outra banda o padroado da Fundación, composto por representantes da Consellería, Deputación, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, as tres universidades e o concello de Celanova entre outros, tamén decidiu as actividades programadas para o que restaba do presente ano, centradas no centenario de Celso Emilio Ferreiro así como a futura edición de publicacións sobre o citado autor e unha exposición.

Do mesmo xeito deuse forma á ruta Poemas na rúa posta en marcha no mes de xullo, e a recuperación do Itinerario do Rexurdimento, a través dunha serie de colaboración conxuntas con outras Fundación de autores do Rexurdimento como de Rosalía de Castro e a Eduardo Pondal.