Título node Learning object

Salvavidas
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade
    • Servizo Galego de Saúde
      • Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)

Ámbito: saúde / solidariedade / ciencia
Definición: o programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado co beneficio que supón para a sociedade o xesto da doazón de órganos, tecidos e sangue. Búscase que o alumnado se familiarice con todos os aspectos da doazón, de modo que a poidan ver como un exemplo de solidariedade. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que facer visible as bondades da doazón como contribución persoal ao ben da sociedade

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 3: Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 17. Alianzas para acadar os obxectivos

Temporización: curso completo

Modalidades:

  1. Doazón de órganos e tecidos: fomento de actitudes favorables cara a doazón de órganos e tecidos.
  2. Doazón de sangue: fomento de actitudes favorables cara á doazón de sangue.

As modalidades 1 e 2 son excluíntes.

Alumnado ao que vai dirixido:

  1. Doazón de órganos e tecidos:  ESO, bacharelato, formación profesional grao básico, medio e superior, ensinanza para adultos, ensinanzas de réxime especial.
  2. Doazón de sangue: ESO, bacharelato, formación profesional grao básico, medio e superior, ensinanza para adultos, ensinanzas de réxime especial.

Límite de centros participantes:

  1. Doazón de órganos e tecidos: 20
  2. Doazón de sangue: 20

Límite de alumnado participante por centro:

  1. Doazón de órganos e transplantes: 120
  2. Doazón de sangue: 100

Criterio de selección:

  1. Distribución xeográfica
  2. Calidade do proxecto presentado

Responsables do programa:

“Doazón de órganos e tecidos”:

  • Nome: Paula Boga Veiras
  • Departamento: Coordinación Autonómica de Transplantes de Galicia de ADOS
  • Teléfono: 881541828
  • Correo electrónico: paula.boga.veiras@sergas.es

“Doazón de sangue”:


Xustificación

Para que as persoas enfermas que están en lista de espera poidan ser transplantadas son imprescindibles as doazóns de órganos.na actualidade unhas 5 000 persoas en España agardan unha nova oportunidade. Ademais, cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue. O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde.

Para ADOS é importante manter o labor de divulgación do proceso de doazón a toda a poboación, e de maneira especial entre os más novos, xa que eles representan o futuro e teñen unha repercusión directa sobre o seu entorno familiar, académico e social. A súa axuda resulta fundamental no labor de divulgación.

Obxectivo xeral:

Modalidade “Doazón de órganos e tecidos

O obxectivo do programa é crear un proxecto interdisciplinario que traballe a doazón de órganos e tecidos dende diferentes perspectivas, para concienciar aos máis novos, a través dunha información correcta, sobre o beneficio que a doazón e o transplante teñen para o sociedade.

Modalidade “Doazón de sangue

Promover actividades educativas para o alumnado que os familiarice coa doazón, obtención e uso dos hemoderivados, de modo que poidan ver no acto de doar sangue un exemplo concreto de axuda mutua, de contribución persoal ao ben da sociedade e que dará lugar á súa incorporación como doantes de sangue ao alcanzar a maioría de idade, colaborando na difusión da necesidade da doazón de sangue no seu entorno.

Obxectivos específicos:

Modalidade “Doazón de órganos e tecidos

Identificar os erros conceptuais en torno ao proceso de doazón e transplante.

Compartir coñecementos e experiencias coas persoas implicadas na doazón de órganos e tecidos (doadores, persoas en espera de transplante, persoas transplantadas, familiares, persoal sanitario).

Crear unha conciencia solidaria proclive á doazón e transmitila á contorna.

Modalidade “Doazón de sangue”

PARA O ALUMNADO

  • Coñecer que a sangue non se fabrica e que por tanto a doazón é vital para a recuperación de moitos doentes.

  • Transmitir á súa contorna a importancia deste xesto solidario, animando a doar ás persoas próximas.

  • Crear neles unha conciencia solidaria proclive á doazón.

PARA O PROFESORADO

  • Proporcionar información e recursos concretos de aplicación na aula.

  • Impulsar actitudes solidarias cara á doazón de sangue.

Palabras clave:

Doazón de órganos. Solidariedade

Metodoloxía e temporización

Doazón de órganos e tecidos”:

1º e 2º trimestre: desenvolvemento das unidades temáticas sobre a doazón e os transplantes co alumnado . A información sobre este material de apoio está incluída no apartado "Actividades e recursos".

3º trimestre: elaboración e entrega do produto final

Antes do 30 de abril os centros participantes deben ter solicitada ou realizada a charla divulgativa sobre doazón e transplantes. A solicitude pode facerse xa ao inicio do programa.

“Doazón de sangue”:

A temporización abarca todo o curso escolar.

De outubro a maio: desenvolvemento das unidades temáticas sobre a doazón de sangue.

Xuño: elaboración e entrega do produto final

Antes do 30 de abril os centros participantes deben ter solicitada ou realizada a charla divulgativa sobre a doazón de sangue. A solicitude pode facerse xa ao inicio do programa.

 

Actividades e recursos

Modalidade “Doazón de órganos e tecidos”

Materiais didácticos.

Proxecto Salvavidas: material didáctico para o profesorado e alumnos: enlace proxecto salvavidas

Traballos finais doutras edicións do programa para a modalidade “Doazón de órganos e transplantes”, como material de referencia para o profesorado e alumnado no seguinte enlace:  traballos finais Salvavidas

Webs de referencia:

 

Modalidade "Doazón de sangue"

Asistencia ao profesorado: apoio ao profesorado, telefónico ou presencial, para información inicial de cara ao inicio de traballo de aula.

Asistencia no centro: os promotores da Axencia poden impartir charlas nos centros.

Material didáctico: para o profesorado e para o alumnado, información divulgativa na páxina web de ADOS: https://www.ados.sergas.gal

  • Traballo co alumnado da temática sobre doazón de sangue
  • Participación no programa de charlas divulgativas (presencias ou por videoconferencia) sobre a doazón de sangue organizadas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, e no que se valorará a colaboración do centro na organización da actividade e a motivación ao alumnado na participación activa.
  • Posibilidade, para os alumnos de 1º de Bacharelato, de visitar a sede da Axencia segundo axenda do mesmo. O centro docente farase cargo dos custos derivados do traslado. Se admitirá, por orden de solicitude, un máximo de 10 de visitas, con 30 alumnos por visita.
  • Posibilidade de visita da Unidade Móbil da Axencia, ben ás instalacións do Centro docente ou coincidindo coa visita ao Concello, en función de si os alumnos/as desenrolan unha campaña de doazón nas actividades do proxecto.
  • Posibilidade de participación nos concursos de debuxo e/ou curtametraxes organizados pola Axencia.

Produto final

Modalidade “Doazón de órganos e tecidose Modalidade “Doazón de sangue”

Presentación dun traballo final en formato libre, coa participación de todo o alumnado de forma individual ou conxunta, e cuxo contido tratará sobre o beneficio da doazón de órganos e tecidos.

Criterios de avaliación da memorias finais

Criterios xerais do Plan Proxecta:

    • Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

    • Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

    • Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

     

    Criterios específicos:  Modalidade “Doazón de órganos e tecidose Modalidade “Doazón de sangue”

      • Grao de participación e implicación do alumnado na temática sobre doazón e transplantes, é preciso desenvolver polo menos a temática de tres unidades do Proxecto Salvavidas.

      • Grao de participación no programa de charlas divulgativas e no que se valorará a colaboración do centro na organización da actividade e a motivación do alumnado na participación activa da mesma.

      • Calidade do traballo final en formato libre, coa participación de todo o alumnado de forma individual ou conxunta, e cuxo contido trata sobre o beneficio da doazón e/ou os transplantes e sobre a doazón de sangue.

      Selección de boas prácticas:

      CPR Montesol de Vigo:

      IES Xelmirez I de Santiago de Compostela:

      IES Ribeira do Louro de Porriño:

       

       

      Menús Learning object node R