Título node Learning object

Máis e mellor actividade física
Mér, 16/07/2014 - 11:00
[actualizado o 27/04/2016]
 

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
    • Secretaría Xeral para o Deporte
    • Fundación Deporte Galego

       

Ámbito: saúde / actividade física
Definición: desenvolvemento dunha hora lectiva semanal de ciencias sociais ou ciencias da natureza en colaboración co profesorado de educación física nun contexto de actividade física e movemento fóra da aula.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria.
Centros: públicos e concertados
Límite de centros participantes: 40 centros.

Criterios de selección:

  1. Adecuación do proxecto á finalidade, aos obxectivos e aos contidos do programa.
  2. Calidade do proxecto presentado.
  3. Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015 cun proxecto final validado e certificado.
  4. Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015.

Responsable do programa:

Nome: Miguel Rodríguez del Corral
Departamento: Fundación Deporte Galego
Teléfono: 881 996376
Correo electrónico: miguel.rodriguez.corral@xunta.es

Xustificación

O Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable establece entre as súas prioridades, e fronte aos prexuízos derivados do sedentarismo, o incremento da actividade física en idade escolar, tanto no centro escolar (dentro e fóra do currículo) coma fóra do propio centro (en horario lectivo e non lectivo). Con este programa, preténdese difundir entre a comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa e propiciar, que os nenos e as nenas, incrementen a súa carga de actividade física realizada no ámbito do centro educativo, experimentando novas formas e modelos para conseguir unha condición física máis saudable e para adoptar uns hábitos de vida máis activos.

Obxectivo xeral

MMAF busca posibilitar unha accion transversal, compartida e común das materias de Ciencias Socias / Naturais e Educación Física, sen excluir a outras materias que poidan, a través das súas actividades curriculares, promover hábitos de vida activa e saudable a través do incremento de  actividade física no día a día. Sempre que os/as profesores/as das materias estean dacordo, poderase compartir  unha hora semanal da materia de Ciencias Sociais / Naturais adicándoa á realización dunha programación de actividades que,  partindo dos curriculums educativos de ambas materias e  respondendo ás necesidades e intereses das mesmas,  se realicen a  través de tarefas que conleven unha carga de actividade física.

A presencia dos responsables de ambas materias (profesor/a de Ciencias Socias / Naturais e profesor/a de Educación Física) é imprescindible para que a transversalidade da acción proposta obteña uns resultados satisfactorios.

Enténdese que a actividade física implica movemento corporal nun contexto físico, social e cultural determinado. De tal xeito que, ademáis de constituir un fenómeno biolóxico (que permite o coñecemento das estruturas e funcionamento do propio corpo dun xeito integral), facilita a interacción cos/as compañeiros/as e co medio ambiente (o mundo físico no que nos desenvolvemos) e a trasmisión de valores e tradicións.

Palabras clave

Actividade física. Hábitos de vida saudable.

Obxectivos específicos

PARA O PROFESORADO

  • Asegurar que os/as escolares incrementen a cantidade diaria de actividade física de calidade dentro do currículo, cumprindo así os obxectivos mínimos propostos pola OMS, a UE e os gobernos estatal e galego.
  • Incorporar, nunha hora a semana das materias de Ciencias Sociais/Naturais, contidos e tarefas utilizando como medio a actividade física e o exercicio físico, que posibiliten unha transferencia cara ao tempo de lecer do alumnado.
  • Facilitar a adquisición das competencias e dos coñecementos relacionados con ambas as dúas materias, dun xeito más innovador e dinámico.

Metodoloxía recomendada

A presencia dos responsables de ambas materias (profesor/a de Ciencias Socias / Naturais e profesor/a de Educación Física) é imprescindible para que a transversalidade da acción proposta obteña uns resultados satisfactorios.

Temporización

A temporalización abarcará todo o curso escolar.

Actividades e recursos

Vinculación co Plan Proxecta

A vinculación do programa Máis e mellor actividade física coas liñas estratéxicas do Plan Proxecta é clara. Como xa citamos, un dos obxectivos xerais do programa Xogade é promover a educación en valores a través do potencial educativo do deporte ofrecendo recursos metodolóxicos para o ensino dos valores inherentes ao deporte en distintas actividades escolares e na vida diaria.

Vinculación coas competencias clave

E no referente á adquisición das competencias clave, o enfoque do noso programa ten cabida en todas elas:

  1. Comunicación lingüística, a través da adquisición de normas e o traballo globalizado.
  2. Matemática e competencia básicas en ciencia e tecnoloxía, axudando o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices coas diferentes metodoloxías lúdicas.
  3. Dixital, a través do uso de aplicacións informáticas e das redes sociais como ferramentas para compartir coñecementos e experiencias, fomentado a creación de redes e microrredes de traballo.
  4. Aprender a aprender, á que se chega a través da consecución de vivencias que contribúan a crear e asentar hábitos de ocio activo, así como recursos básicos para que os participantes autoxestionen as súas prácticas.
  5. Sociais e cívicas, favorecendo os aspectos afectivos e sociais da súa personalidade.
  6. Sentido de iniciativa e espírito empreNdedor, axudándolles a proxectar e ampliar os coñecementos nas actividades fisico-deportivas que realicen no seu tempo de lecer ao longo de toda a súa vida, sabendo que é o que fai e escollendo en función dos seus coñecementos, necesidades e intereses aquilo que lle pareza máis oportuno.
  7. Conciencia e expresións culturais, cos xogos populares e coñecementos sobre a cultura físico-deportiva.

Produto final

Xunto coa memoria final, os centros participantes deberán entregar un produto (web, blogspot, ligazón) de difusión do seu traballo. Este produto debe recoller o traballo do proxecto na modalidade na que se participa (investigación, preparación, realización-participación, avaliación), integrar as novas tecnoloxías e mais a participación activa dos escolares.

Menús Learning object node R