Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Economía, Industria e Innovación.
- Instituto Galego do Consumo e da Competencia
Ámbito: consumo responsable / igualdade
Definición:
Galicons é un programa en materia de consumo responsable coa finalidade de promover a educación para un consumo responsable nos centros de ensino e motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado.
Os centros deberán realizar un proxecto de innovación educativa sobre algunha das seguintes temáticas de consumo responsable:
- Consumo e xénero
- Linguaxe publicitaria
- Comercio electrónico
- Servizos financeiros
- Etiquetaxe dos bens e produtos
Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que elaborar un produto final, que permita expoñer o coñecemento adquirido e o traballo realizado.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030
- ODS 12. Produción e consumo responsable
Temporización: curso completo
Modalidades:
a) Consumo e xénero
b) Linguaxe publicitaria
c) Comercio electrónico
d) Servizos financeiros
e) Etiquetaxe dos bens e produtos
As modalidades son excluíntes.
Alumnado ao que vai dirixido: educación infantil, educación primaria, ESO, FP, bacharelato, educación especial e educación de persoas adultas divididos nas seguintes categorías:
-
Categoría A: Alumnado de segundo ciclo de educación infantil y de educación primaria
-
Categoría B: Alumnado de educación secundaria obligatoria
-
Categoría C: Alumnado de bachillerato, de ciclos formativos de grado medio de formación profesional y de educación de personas adultas
-
Categoría D: Alumnado de educación especial
Límite de centros participante: sen límite.
Límite de alumnado participante por centro: sen límite
Criterios de participación: pentencer aos cursos expostos.
Criterios de selección: Calidade do proxecto presentado.
Responsable do programa:
Nome: Sol Mª Vázquez Abeal
Departamento: Xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia
Teléfono: 881 999093 / 881 999076
Correo electrónico: igc.escuela@xunta.gal
Obxectivos
- Favorecer o tratamento da educación para o consumo responsable nos currículos das diferentes etapas e niveis de ensino regrado.
- Difundir e promover os valores presentes nun consumo responsable e os dereitos como persoas consumidoras ou potenciais persoas consumidoras nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Fomentar que o alumnado actúe na sociedade de maneira informada, de xeito que poida elixir, con pleno coñecemento, entre os bens e servizos e coñecer os seus dereitos e deberes
- Desenvolver o pensamento crítico e independente e fomentar a reflexión sobre os aspectos éticos, solidarios e ambientais que determinan a responsabilidade no consumo.
Desenvolvemento das competencias clave
- Competencia en aprender a aprender
- Competencias sociais e cívicas
Metodoloxía e temporización:
Traballar o curso completo neste proxecto con actividades, formación, etc… relacionados coa temática escollida.
Desenvolvemento do proxecto:
O proxecto que deben desenvolver os centros debe ter as seguintes características básicas:
-
Ser un proxecto interdisciplinar.
-
Implicar o alumnado, o profesorado e o conxunto da comunidade educativa.
-
Implicar unha análise das diferentes fases e das actividades do traballo realizado e elaboración de conclusións que o alumnado participante comunicará e expoñerá a outros grupos non participantes no proxecto utilizando diferentes técnicas, ferramentas e recursos.
-
Propostas de actividades para as distintas modalidades:
a) Consumo e xénero (xoguetes, xénero e publicidade; impacto das relacións de xénero no consumo; consumo e xénero: onte, hoxe e mañá …)
b) Linguaxe publicitaria (publicidade na miña contorna; publicidade dirixida á adolescencia; perspectiva histórica da publicidade,...)
c) Comercio electrónico (hábitos de consumo de comercio electrónico; seguridade no comercio electrónico; perspectiva histórica do comercio, …)
d) Servizos financeiros (tipoloxía dos servizos financeiros: captación e inversión; identificación de servizos inseguros: créditos rápidos e cláusulas abusivas; perspectiva histórica dos servizos financeiros)
e) Etiquetaxe dos bens e produtos (etiquetaxe dos bens e produtos de consumo en xeral; etiquetaxe dos produtos alimentarios; perspectiva histórica da etiquetaxe dos bens e produtos de consumo,…)
Actividades e recursos
Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:
-
Formación: Guía inicial para Galicons.
-
Formación en PLATEGA:
Carácter: Voluntario.
Cursos ofertados:
-
G2301107 - Consumo e xénero. A publicicade na aula.
Descrición: curso dirixido á análise crítica da publicidade e ao seu uso como recurso pedagóxico para o traballo en materia de consumo nas aulas e a adquisición de coñecementos para desenvolver na aula o traballo en materia de consumo desde unha perspectiva de xénero.
Duración: 30 horas lectivas
Temporización: 2º trimestre
Prazas: 50
-
G2101064 - O comercio a distancia. Plan Proxecta
Descrición: Curso dirixido á adquisición dos coñecementos precisos para facer compras seguras en internet e para dar a coñecer os dereitos que como persoas consumidoras lles asisten nestas modalidades on line de compras.
Duración: 30 horas lectivas
Temporización: 2º trimestre
Prazas: 50
-
G2101030 - Consumo e finanzas dentro da aula. Plan Proxecta
Curso dirixido á adquisición dos coñecementos básicos e as ferramentas para o fomento do consumo responsable dos servizos financeiros básicos.
Duración: 30 horas lectivas
Temporización: 3º trimestre
Prazas: 50
-
Webs de referencia:
-
Obradoiros:
Descrición: persoal técnico especializado en formación sobre consumo responsable impartirá un ou varios obradoiros especificamente deseñados en relación coa temática do proxecto.
Carácter: voluntario
Duración aproximada: 45 -60 minutos
Modalidade: presencial
Temporización: na data elixida polo centro entre os meses de outubro a abril
Lugar: no lugar elixido polo centro educativo e/ou nas instalacións da Escola Galega do Consumo, en Santiago de Compostela.
Matrícula: os centros inscritos no programa poderán solicitar a participación nos obradoiros directamente no correo electrónico igc.escuela@xunta.gal ou a través da páxina web do Instituto Galego de Consumo www.consumo.xunta.gal. Para máis información chamar ao 881999091 e 881999075.
Custo: no caso de que a actividade se realice no lugar designado polo centro educativo, a Escola Galega do Consumo asumirá os custos de realización do obradoiro. No caso de que a actividade se realice nas instalacións da Escola Galega do Consumo, en Santiago de Compostela, o centro educativo terá que asumir os custos de desprazamento e, no seu caso, manutención do alumnado.
-
Concursos
Asociado a este programa convócase anualmente un concurso para todos os centros educativos participen ou non no programa Galicons
Concederanse 4 premios en metálico de 1.500 euros para o mellor proxecto en cada unha das categorías de participación.
Produto final
Elaboración dun produto final en formato libre que permita expoñer o coñecemento adquirido e o traballo realizado.
Criterios de avaliación da memoria final
Criterios xerais do Plan Proxecta
1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
Criterios específicos do programa
4. A adecuación do proxecto ás temáticas propostas en materia de consumo.
5. A coherencia do traballo realizado cos obxectivos do proxecto e a claridade expositiva da memoria final
6. A calidade, creatividade e orixinalidade dos materiais producidos.