O conselleiro de Educación visitou o colexio de a Grande Obra de Atocha, na Coruña
Xesús Vázquez Abad percorreu as instalacións xunto ao equipo directivo, co que falou do día a día do centro
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou hoxe no centro educativo da Grande Obra de Atocha, na Coruña, o compromiso da Consellería “co desenvolvemento de todo o sistema educativo e as demandas do mesmo, ás que damos resposta no menor prazo de tempo posible”. Durante unha visita ao centro, no que escoitou as inquedanzas educativas presentadas pola directora do mesmo, María Celsa Boquete Fuentes, Vázquez Abad destacou o espírito de Educación por avanzar e deste modo poder dar unha mellor formación aos estudantes galegos.
Ademais, o conselleiro referiuse ao esforzo e o traballo da comunidade educativa, á que felicitiu “porque a vosa tarefa e primordial, e en moitos casos non tan recoñecida como debería. Comezando polas etapas máis temperás da vida dos rapaces, axudádeslles a desenvolver a sensibilidade en todos os ámbitos da súa vida. Facédeslles apreciar a importancia da convivencia, sempre rexeitando a discriminación por calquera crenza ou característica individual e social”. Vázquez Abad destacou tamén a importancia do esforzo xa que con esforzo, o traballo, e cos valores que se promoven na Grande Obra de Atoche pòdese construír unha Educación na que se poña en valor o gran esforzo de todos os rapaces que, colaborando cos demais con ilusión, consigan progresar.
Na Grande Obra de Atocha traballan 88 docentes, e están matriculados 1.200 alumnos e alumnas, dos que 170 son inmigrantes, de ata 26 nacionalidades diferentes. O centro conta cunha ampla oferta educativa, repartida en todas as etapas, desde educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato. Ademais contan con aulas para Educación Especial. Ademais na Grande Obra de Atocha están en funcionamento os ciclos formativos de relativos a Comercio e Xestión Administrativa e pódense estudar programas de Cualificación o que permite ao centro escolar dar unha completa oferta educativa non universitaria.