Bolsas de nova adxudicación para a realización de estudos oficiais nas universidades do sistema universitario de Galicia conducentes ao título de máster universitario
A Comisión Avaliadora acordou, con data 2 de marzo de 2010, elevar ao Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a seguinte proposta de resolución coa listaxe oficial de concedidos (anexo I), suplentes (anexo II) e denegadas (anexo III) das bolsas de nova adxudicación para a realización de estudos oficiais nas universidades do SUG conducentes ao título de máster universitario (Orde do 27 de novembro de 2009).
O alumnado beneficiario que se relaciona no anexo I da listaxe das bolsas de nova adxudicación, deberá remitir á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de cinco días o impreso de aceptación ou renuncia da bolsa, para que, no caso de renunciar, dar paso á listaxe de suplentes, onde outro estudante pode beneficiarse da mesma. Para axilizar os trámites prégase ao citado alumnado remita por fax ao Nº 981 54 54 22 o impreso normalizado, de aceptación ou renuncia, que figura neste documento como anexo IV.
Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos.