Cultura e Educación participa na mesa redonda ‘Proxección internacional de Ferrol, patrimonio do s.XVIII ao XXI como ruta da construción naval’

O curso, que se desenvolve ata mañá, está orientado ao sector turístico co obxecto de poñer en valor o patrimonio industrial e as políticas de promoción e desenvolvemento do sector

Xov, 19/07/2012 - 13:13
As bibliotecas nodais de Cultura e Educación propoñen para o verán diversas acti
As bibliotecas nodais de Cultura e Educación propoñen para o verán diversas actividades lúdicas e formativas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe na mesa redonda Proxección Internacional de Ferrol, patrimonio do S.XVIII ao XXI como ruta da construción naval, na que estivo presente o director xeral de Patrimonio Cultural de Galicia, José Manuel Rey Pichel. Tamén intervirán na mesa o catedrático da Área de Construccións Navais da UDC, Manuel Recuero Astra e o doctor en Historia Contemporánea e capitán de fragata, Juan Escrigas.

O evento encádrase dentro do curso denominado Patrimonio Industrial e Turismo, que organiza o Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo e que dirixe a voceira de Turismo no Parlamento de Galicia, Natalia Barros Sánchez. Está orientado ao sector do turismo co obxecto de poñer en valor o patrimonio industrial, marcar as súas liñas de conexión coas políticas de promoción e desenvolvemento do sector, así como considerar a necesidade de cooperación internacional e compartir experiencias prácticas doutros países.

Tres xornadas dedicadas a industria e turismo

Ata mañá, A cerámica industrial e a minería; O patrimonio industrial, militar e naval, móduloonde participa o director xeral de Patrimonio; e A industria alimentaria, son os eixes vertebradores dun programa que contará coa participación de numerosos estudosos e expertos en cada unha das materias.

O patrimonio de minería metálica, estaño e wolframio en Galicia e Inglaterra,dirixido por José Manuel Álvarez-Campana Gallo,e O paisaxe da creatividade, dirixido por Pedro Arias Veira, foron os temas clave da primeira xornada celebrada onte e dedicada á cerámica industrial e á minería. Ademais, organizouse unha mesa redonda baixo o título: Desenvolvemento e promoción TCA da minería e a cerámica en Galicia, cooperación internacional, que foi polo operador turístico, Benigno Miranda García, e na que interviñeron María Teresa Sobradelo Creo, Guillermo Escrigas e Javier Díaz. Para pechar este módulo, os participantes no curso tiveron a oportunidade de visitar a Cerámica Sargadelos,

Hoxe, a segunda xornada do curso, estivo dedicada ao patrimonio industrial, militar e naval, e centrou o seu contido en temas como O potencial patrimonio da humanidade de Ferrol e o seu patrimonio naval e militar ouFerrol e a construcción naval, presentados por Juan Antonio Rodríguez-Villasante Prieto e José Castro Luaces, respectivamente. Trala mesa redonda na que participou José Manuel Rey Pichel, os asistentes visitaron o arsenal, os asteleiros e os baluartes defensivos, dentro da “ruta do naval”.

Maña se celebrará a última xornada, que se ocupa da situación da industria alimentaria a través das ponencias de Beatriz Herreras Moratinos, sobre Patrimonio e industria conserveira, e de Eliseu Carbonell, sobre a Valoración patrimonial do sector pesqueiro. A mesa redonda está dedicada ás Rutas de turismo industrial en Ferrol, Eume e Ortegal e nela interveñen os expertos Andrés Peña Graña, Manuel-Reyes García Hurtado e Guillermo Cuesta Sánchez.

Menús News node R

Tema