Grundtvig

 

O programa sectorial Grundtvig ten como meta mellorar a calidade e a dimensión europea da educación de adultos nun sentido amplo, incluíndo a ensinanza formal, a non formal e a informal, incluída a autoaprendizaxe.

Subvenciona as seguintes accións descentralizadas xestionadas pola Axencia Nacional: 

  • Asociacións de aprendizaxe, en torno a temas de interese mutuo para as organizacións participantes dos países que as integran.
  • Mobilidade individual:
  • Axudas para a formación continua do persoal de educación de persoas adultas, co obxecto de mellorar o desenvolvemento profesional do persoal de educación de persoas adultas, facilitando a asistencia a cursos que favorecerían unha formación de calidade, mellora das competencias e unha visión máis ampla da aprendizaxe permanente en Europa.
  • Visitas e intercambios encamiñados a mellorar as competencias educativas, de xestión e orientación do persoal e futuro persoal de educación de persoas adultas mediante prácticas de observación en institucións afíns, asistencia a conferencias ou seminarios, etc.
  • Axudantías Grundtvig para o persoal e futuro persoal formador de persoas adultas de calquera materia, que poderá realizar unha mobilidade de longa duración para colaborar nunha institución de educación de persoas adultas, unha ONG, etc.
  • Proxectos de voluntariado para persoas maiores, que facilitarán a realización de intercambios de persoas voluntarias maiores de 50 anos para desenvolver iniciativas baseadas na aplicación de coñecementos e aprendizaxe nun país europeo.
  • Seminarios Grundtvig: acción mediante a que institucións do ámbito da educación de persoas adultas poderán organizar seminarios de temática variada dirixidos a persoas maiores de 18 anos, que constituirán unha experiencia de aprendizaxe de carácter europeo multinacional.
  • Visitas preparatorias: unha axuda á mobilidade para que un representante dunha institución poida asistir a un seminario de contacto ou a unha reunión con futuros socios.
  • Tamén subvenciona as seguintes accións centralizadas, xestionadas pola Axencia Executiva para a Educación, os Medios Audiovisuais e a Cultura. 

  • Proxectos multilaterais, encamiñados a mellorar os sistemas de educación de persoas adultas mediante o desenvolvemento e a transferencia de innovacións e boas prácticas.
  • Redes temáticas de expertos e organizacións que traballan no desenvolvemento e a calidade do ensino de persoas adultas e a difusión de boas prácticas.
  • Medidas de acompañamento: outras iniciativas encamiñadas a promover os obxectivos do programa Grundtvig.
  •  

    Para máis información:

     

    Exemplo de boas prácticas

     

    Participantes