Erasmus
O programa Erasmus ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de nivel terciario, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como as institucións que imparten este tipo de formación.
- Estudantes para estudos: Realización dun período de estudos nunha institución de educación superior noutro país europeo.
- Estudantes en prácticas: Realización dun período de prácticas nunha empresa ou organización doutro país europeo.
- Mobilidade docente: Mobilidade do persoal docente das institucións de educación superior e empresas para impartir docencia.
- Formación de persoal: Mobilidade do persoal docente e demais persoal de institucións de educación superior para recibir formación.
- Organización da mobilidade: Axuda ás institucións de educación superior para contribuír a crear as condicións óptimas para a realización dos distintos tipos de mobilidade contemplados dentro do programa Erasmus.
- Programas intensivos: Organización de programas de estudo de corta duración nos que participan estudantes e persoal docente de universidades de diferentes países.
- Cursos intensivos de idiomas: Cursos especializados nos idiomas menos falados ou ensinados dos países participantes no programa Erasmus.
- Visitas preparatorias: Axuda ás institucións de educación superior que desexen participar no programa Erasmus e coñecer outros centros educativos adecuados para asociarse.
Para máis información: visitar a páxina web do Organsimo Autónomo Programas Educativos Europeos