O Instituto Cervantes e a Consellería de Cultura e Educación colaborarán na difusión da cultura galega no exterior

O secretario xeral de Cultura e o director do Cervantes acordaron esta mañá asinar un protocolo para cooperar na realización de actividades culturais a través do centros do instituto

Lun, 09/07/2012 - 15:44
Anxo Lorenzo na súa entrevista con Víctor García de la Concha
Anxo Lorenzo na súa entrevista con Víctor García de la Concha

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Cervantes comprométense a colaborar na difusión da lingua e cultura galegas no ámbito internacional. Así o acordaron esta mañá na xuntanza que mantiveron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director do Cervantes, Víctor García de la Concha, na sede da institución en Madrid.

A través deste marco de colaboración, os centros do Instituto Cervantes do exterior acollerán a realización de actividades programadas pola Xunta de Galicia, de acordo co interese estratéxico para a cultura galega nos diferentes países nos que a institución española está presente.

Durante a reunión, García de la Concha manifestou o interese do Instituto Cervantes por contribuír á difusión da diversidade lingüística e cultural de España a través dos seus centros, unha canle que Anxo Lorenzo destacou como “unha oportunidade para dar a coñecer as novas iniciativas culturais galegas”.

Menús News node R

Tema