Apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo mestres de taller de artes plásticas e deseño, especialidade dourado e policromía
Xúntase o Anuncio do 27 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo mestres de taller de artes plásticas e deseño, especialidade dourado e policromía (596604).
- O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos esixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Anuncio do 27 de xuño de 2012 (DOG)
Anexo I: Baremo que se aplica
Anexo II: Instancia de solicitude
Anexo III: Folla de alegación de méritos e autobaremación
Anuncio do 14 de agosto de 2012 e relación de excluídos
Puntuacións provisionais e a relación de excluídos (DOG)
Resultado do baremo provisional
Anuncio do 14 de setembro de 2012: Publicación das puntuacións definitivas e relación de excluídos (DOG)
Baremo definitivo