Comenius
O programa Comenius ten como obxectivo reforzar a dimensión europea no campo da educación infantil, primaria e secundaria, promovendo a mobilidade e a cooperación entre centros educativos.
Subvenciona as seguintes accións descentralizadas xestionadas pola Axencia Nacional:
- Asociacións escolares entre centros educativos co fin de desenvolver proxectos conxuntos para alumnado e profesorado.
- Cursos de formación para profesorado e outro tipo de persoal docente para contribuír á mellora da calidade da educación infantil, primaria e secundaria.
- Axudantías para futuros profesores e profesoras de calquera materia para comprender mellor la dimensión europea no proceso de ensino.
- Visitas preparatorias para actividades de mobilidade con vistas a desenvolver unha asociación escolar.
- Asociacións Comenius-Regio entre institucións locais e rexionais con responsabilidade na educación escolar para fomentar a cooperación interrexional a nivel europeo.
Tamén subvenciona as seguintes accións centralizadas, xestionadas pola Axencia Executiva para a Educación, os Medios Audiovisuais e a Cultura
- Proxectos multilaterais para elaborar, promover e difundir as mellores prácticas en materia de educación, novos métodos e materiais didácticos, así como cursos de formación para o profesorado.
- Redes multilaterais dirixidas a elaborar ofertas educativas na disciplina ou ámbito temático correspondente, por propio interese ou polo da educación nun sentido máis amplo.
- Medidas de acompañamento, para financiar actividades diversas non elixibles nas diferentes accións, pero claramente encamiñadas a conseguir os obxectivos de Comenius e do Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP).
Para máis información: visitar a páxina web do Organsimo Autónomo Programas Educativos Europeos