Listaxe de admitidos e excluídos das solicitudes de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG para o ano 2012, convocadas pola Orde do 7 de maio de 2012
Xúntase a listaxe de admitidos e excluídos das solicitudes de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG para o ano 2012, convocadas pola Orde do 7 de maio de 2012 (DOG do 15 de maio), a Secretaría Xeral de Universidades, de acordo co artigo 5 da citada Orde, require, mediante este anuncio na páxina Web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http:// www.edu.xunta.es/), aos solicitantes que a continuación se relacionan, para que, nun prazo de dez días hábiles (é dicir, do 30 de xuño ao 11 dexullo ambos incluídos),emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos que se indican.
Os solicitantes que, dentro do prazo indicado, non emenden ou acheguen a documentación requirida, de conformidade co establecido no artigo 71 e cos efectos previstos no artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, entenderase que desisten da súa petición ou solicitude e, logo da correspondente resolución, arquivarase o seu expediente sen máis trámite.
Orde do 24 de xaneiro de 2012: Bases das axudas de consolidación 2012 (DOG)
Orde do 7 de maio de 2012: Convocatoria consolidación 2012
Orde do 25 de maio de 2012 pola que se modifica a Orde do 7 de maio de 2012 (DOG)
Formulario de solicitude consolidación 2012
Listaxe provisional de admitidos e excluídos das solicitudes de axudas para a consolidación
Listaxe definitiva de admitidos e excluídos do Programa de Consolidación 2012
Resolución das axudas do Programa de Consolidación 2012 (DOG)