Vázquez Abad inaugura o XV Encontro de Economía Aplicada que se celebra na Fundación Barrié, na Coruña

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recordou que “así pois, en este congreso se presentan e debaten traballos que analizan cuestións tan significativas como a crise económica, o mercado laboral e a distribución da renda”

O tema desta edición, que se desenvolve ata mañá ten como tema central as novas tendencias no análise do benestar

Xov, 07/06/2012 - 20:00
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe o XV encontro de Economía Aplicada que se celebra ata mañá na Fundación Barrié, na Coruña

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe o XV encontro de Economía Aplicada que se celebra ata mañá na Fundación Barrié, na Coruña.

No acto inaugural o conselleiro estivo acompañado polo director xeral da Fundación Barrié, Javier López Martínez; o coordinador do comité organizador do XV Encontro, Manuel A. Gómez Suárez; o presidente da Asociación Libre de Economía, Cecilio Tamarit; o vicerreitor de profesorado e planificación docente da Universidade da Coruña, Gustavo Rego Veiga; e o profesor da Universidade de Warwick e da de Zürich, Bruno Frey.

Na súa intervención Vázquez Abad sinalou que “é na actual situación de crise cando se acentúa a importancia que ten un análise serio e unha discusión precisa sobre os principais problemas económicos que afrontamos. Neste senso, o encontro foise consolidando como o principal espazo para que os investigadores das distintas áreas de análise económico aplicado se atopen e poidan debater e difundir os seus traballos de investigación e recomendacións de política económica”, ao que engadiu que “así pois, en este congreso se presentan e debaten traballos que analizan cuestións tan significativas como a crise económica, o mercado laboral e a distribución da renda”.

Para rematar o conselleiro de Cultura e Educación confiou en que “este Encontro contribúa a mellorar a nosa comprensión de ditos problemas económicos, as súas causas e posibles solucións”.

O encontro

Esta edición o tema principal xirará en torno as novas tendencias no análise do benestar. Deste xeito o encontro ten como propósito fomentar o análise e a discusión dos actuais problemas económicos a través da mesa redonda Mercado versus regulación, na que participaran expertos do mundo empresarial, administrativo e académicos.

Ademais se desenvolverán sesións temáticas que servirán para que os grupos de investigación participantes presenten os seus traballo, realicen recomendacións de política económica e para promover o debate entre os asistentes. Entre os temas a tratar inclúense as economías rexionais, publicas, do medio ambiente ou do transporte, o crecemento e eficiencia económica ou a organización industrial.

Cómpre destacar que os Encontros de Economía Aplicada, promovidos pola Asociación Libre de Economía e a revista de Economía Aplicada son están creados como unha vía de difusión e debate dos traballos de investigación que afonden no coñecemento da realidade a través do emprego do análise económico aplicado. Na actualidade e un importante foro en España para a difusión e o intercambio de coñecemento no ámbito da Economía Aplicada.