Cultura e Educación anunciará proximamente a licitación da primeira fase das obras no CEIP Froebel en Pontevedra
O orzamento para a reforma e mellora do centro educativo supera os 1,7 millóns de euros e se realizará en tres fases
A Fase A terá un orzamento de máis de 600.000 euros para as obras correspondentes á entrada, e ao patio no que se construirá un ascensor que comunicará as tres plantas do edificio.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria licitará proximamente a primeira fase das obras de reforma e mellora do CEIP Froebel en Pontevedra, que suporán un investimento total de 1,7 millóns de euros.
As obras que se realizarán no centro suporá a reforma integral de todas as cubertas da edificación, que na actualidade están moi deterioradas e do espazo interior para mellorar as condicións de habitabilidade e accesibilidade do centro.
As obras realizaranse en tres fases (das cales neste momento estanse a licitar as da fase A, cun orzamento de máis de 600.000 euros), en bloques verticais, posto que así será máis doado acometer as obras de maneira que non sexa necesario pechar o centro totalmente, limitando á realización das mesmas nos meses de verán. Poderanse habilitar as aulas ou dependencias necesarias provisionalmente noutras zonas mentres se realizan ditas obras e o centro poda seguir funcionando:
Debido ás dimensións das actuacións estas se realizarán en tres fases sendo as primeiras as relativas á parte da edificación correspondente coa entrada dende a rúa Alfonso XIII que abarca a fachada desa rúa e o patio triangular que se incorpora á edificación e no que se construirá o ascensor que comunica as tres plantas da edificación.
Posteriormente as obras serán as que afecten ao espazo de primaria, situado na parte traseira da fachada principal, no lateral que linda coa escola de Belas Artes, así como a zona de acceso lateral á edificación e a torre da esquina que están ese acceso.
A última intervención é a relativa á parte do volume central que dá á rúa General Martitegui, incluíndo as aulas de primaria e a zona cuberta do patio central, así como o distribuidor que rodea todo o patio central.