Nova versión do corrector lingüístico e ortográfico da lingua galega "Galgo 2.0"
Lun, 10/09/2012 - 12:00
Esta nova versión de Imaxin Galgo, aplicación pioneira para a corrección de textos en galego, actualiza e mellora esta ferramenta pensada para a análise dos problemas de carácter ortográfico e léxico intrínsecos a todo texto escrito no noso idioma. Así, é posible que se mesturen nun mesmo documento desde castelanismos, verbos mal conxugados, vulgarismos, erros propiamente ortográficos ou mesmo interseccións destas tipoloxías nunha mesma palabra.
Entre as actualizacións, destaca a modificación da base de datos segundo a norma aprobada no ano 2003 pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega.
- Instalador para aplataforma windows (XP, Vista e Windows 7). Funciona para as versións 2003, 2007 e 2010 do Word de Office.
- Instalador para plataforma Mac. Funciona sobre o S.O. Snow Leopard e Lion e para a versión Word do Office 2011 en inglés e castelán para Mac.
- Preguntas e respostas Galgo 2.0
- Manual de Axuda do Galgo 2.0 (Windows)
- Manual de Axuda do Galgo 2.0 (Mac)