Anteproxecto de Decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
Ven, 27/04/2012 - 15:38
En cumprimento do artigo 41.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, anúnciase a tramitación da disposición normativa denominada anteproxecto de decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
No momento oportuno publicarase o texto do proxecto coa fin de que, no prazo regulamentario, se formulen suxestións que serán estudadas e, na medida do posible, tomadas en consideración polo equipo técnico correspondente de cara a mellorar o contido da disposición.