Título node Learning object

VI Certame de Fotografía Mulleres na Sombra
Xov, 10/04/2025 - 09:18
Obradoiro

Para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo) e como este ano o Día das Letras Galegas (17 de maio) dedícase ás cantareiras, o Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente convoca o IV Certame de Fotografía “MULLERES NA SOMBRA” cunha temática moi especial e harmoniosa.

 

1. Poderá participar todo o alumnado de centros públicos.

2. As fotografías deberán ser orixinais, inéditas e terán que visibilizar o papel e a participación actual das mulleres na música, na transmisión oral ou na expresión cultural galega. Pode ser a través de retratos, escenas de festa e comunidade, símbolos ou mesmo composicións abstractas que evoquen ritmo e harmonía.

3. As fotografías deberán ter un título e vir acompañadas dunha frase que explique ou complete o seu significado.

4. Non se poderán empregar imaxes ou nomes que identifiquen marcas comerciais nin persoas das que non se dispoña de autorización para a difusión da súa imaxe.

5. As fotografías deberán enviarse por correo electrónico a igualdade@iessanclemente.net indicando o título, a frase que a acompaña e os datos persoais da persoa participante.

6. O prazo de participación estará aberto até o 17 de maio do 2025 ás 23:59 horas. Non se admitirán fotografías recibidas con posterioridade a esa data.

7. Premiarase a calidade artística, a orixinalidade e a pertinencia do significado contido no material achegado.

8. As fotografías que non cumpran os criterios determinados nestas bases non serán consideradas e tampouco aquelas cuxo tema non sexa o sinalado nestas bases ou que podan resultar ofensivas.

9. Concederanse tres premios en metálico:

  •  1º Premio: 60€.
  •  2º Premio: 40€.
  •  3º Premio: 30€.

Os traballos premiados publicaranse na web e redes sociais do instituto e desde o Obradoiro da Igualdade poñerémonos en contacto coas persoas gañadoras para entregar os premios.

10. O xurado será o Obradoiro da Igualdade, podendo contar coa colaboración doutros membros da comunidade educativa do centro.

11. O veredicto do xurado será inapelable.

12. A participación no certame supón a aceptación destas bases.

 Para máis información premer na seguinte ligazón