Alerta meteorolóxica
A AEMET e MeteoGalicia informan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por VENTOS en terra na zona de A Coruña (Oeste, Suroeste), ata as 12.00h do día 20 de marzo 2025.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN de actividades no exterior na zona de A Coruña (Oeste, Suroeste), durante a mañá do día 20 de marzo de 2025.
En calquera nivel, se as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco detectado superior ao declarado, as persoas directoras do centro poderán, previa comunicación a Dirección Territorial da consellería competente en educación, adoptar decisións de suspensión da actividade docente, incluíndo as actividades que se desenvolvan no exterior do centro escolar ou sobre as actividades extraescolares