Título node Learning object

Concurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a realidade trans
Lun, 17/03/2025 - 08:16
Concurso Arelas

Con motivo da celebración do Día Internacional da Visibilidade Trans o próximo luns 31 de marzo, Arelas (Asociación de Familias de menores Trans de Galicia), convocan un ano máis, o "Consurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a realidade trans" co obxectivo de seguir visibilizando e concienciando sobre a igualdade de oportunidades, o empoderamento das sexualidades non normativas e contra as discriminacións e violencias transfóbicas.

No concurso establécense dúas categorías con dous premios: o primeiro de 150 € e o segundo de 100 €.

1º categoría: concursantes ata 13 anos cumpridos.

2º categoría: concursantes de 14 anos cumpridos en adiante.

Os catro traballos premiados serán publicados nas redes sociais e na web de Arelas.

Prazo de entrega: os traballos deberán ser enviados antes das 24 horas do día 24 de marzo ao correo infoarelas@gmail.org.

Entre o 24  o 27 de marzo as persoas participantes recibirán unha comunicación de aceptación do traballo, verificando que se axusta ás bases. A decisión do xurado farase pública o 31 de marzo.

Achéganse as bases do concurso e a normativa.