O Conselleiro de Educación recibiu en San Caetano ao Secretario General de Universidades, Marius Rubiralta
No encontro, no que estivo presente o Secretario General de Universidades, José Alberto Díez de Castro, estiveron a falar sobre o documento de Reflexión sobre a mellora das políticas de financiamento das universidades presentado polo Ministerio
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad recibiu hoxe ao secretario general de Universidades, Marius Rubiralta. O encontro, realizado en San Caetano, tivo como obxectivo realizar unha análise do documento de “Reflexión sobre a mellora das Políticas de Financiamento das Universidades para promover a excelencia académica e incrementar o impacto socioeconómico do Sistema Universitario Español”. Na reunión no que destacou a cordialidade e o intercambio de puntos de vista, estiveron presentes o Secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a subdirectora xeral de Universidades, Beatriz Soutelo; e a subdirectora xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria, María Jesús Tallón.
Os representantes da Consellería deron a coñecer as súas impresións xerais sobre o documento de Reflexión do Ministerio, e valoraron positivamente o documento presentado, xa que, segundo dixo o conselleiro, “é unha boa base para realizar unha análise da actual situación universitaria, como punto de partida para o desenvolvemento das novas estratexias de futuro”. O texto, que dá a coñecer algunhas das principais debilidades do sistema actual, destaca a falta de competitividade, e o desequilibrio entre oferta e demanda.
Por outra banda, o documento pon de relieve a necesidade de asinar acordos entre a administración xeral do Estado, CCAA e Universidades, para o que segundo dixo o conselleiro de Educación a Rubiralta, “é preciso crear unha folla de ruta, na que destaquen as necesidades das universidades e dos estudantes en Galicia, xa que estes acordos condicionan gran parte do marco financieiro futuro do sistema”.
Sobre os obxectivos para a Estratégia Universitaria 2015 a Consellería de Educación destacou que é necesario “facer reformas estruturais, e que estas deben estar precedidas por unha normativa estatal, a través da que quede regrado o estatuto do profesorado, así como os sistemas de goberno de universidades ou a nova lei da Ciencia, entre outros temas de interese”.
O conselleiro recordou ao secretario general “que compartimos as propostas de mellora presentadas desde o Ministerio”, aínda que engadiu que é necesario que se maticen en función das especificidades do Sistema Galego Universitario e as consecuencias no sistema.
Texto para a Reflexión
Esta reunión forma parte das que está a manter Rubiralta cos representantes de Educación das 17 comunidades autónomas, co obxectivo de recadar información en torno ao documento “Reflexión sobre a mellora das Políticas de Financiamento das Universidades para promover a excelencia académica a incrementar o impacto socioeconómico do Sistema Universitario Español”, presentado polo Ministerio o pasado 20 de xaneiro.
Desde esa data está aberto un período de consulta e debate sobre o reflectido, no que todos os implicados na educación superior aportarán as súas opinións e contribuirán a mellor do arquivo, establecendo as prioridades para o Plan de Acción 2010 e para acadar os obxectivos de cara ao 2015.
O texto presentado polo Ministerio xiraba en torno a seis puntos claves no eido universitario:
- Becas, axudas ao estudo e prezos públicos.
- Equidade financeira institucional das Comunidades Autónomas.
- Recursos Humanos.
- Adaptación de infraestruturas.
- Investigación, desenvolvemento tecnolóxico e actividades de potenciación da Innovación.
- Eficiencia e eficacia da xestión das universidades españolas. Rendición de contas.