Título node Learning object
Tres profesoras do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, Rebeca Carrera (profesora no departamento de música tradicional e coordinadora do EDLG do centro), Belén Ferreiro (profesora de viola) e Susana Pérez (profesora de piano) que desde hai tres anos centran a súa enerxía en realizar actividades para a visibilización das mulleres na música, achégannos a súa última creación "Tecendo Redes".
Contan co seguinte material que poñen á disposición dos centos educativos e das persoas que se amosen interesadas:
- 92 carteis con rostros de compositoras que inclúen pistas para chegar aos seus nomes. Os carteis están organizados en tres niveis de dificultade: doado, accesible e difícil.
- 92 peixes cos nomes de cada compositora que inclúen un QR para enlazar con algunha páxina de interese relacionada con ela.
- 4 carteis explicativos do funcionamento da actividade.
- 1 cartel coa descrición da rede exposta cesión desinteresada, da Asociación Atalaia de A Guarda.
- Etiquetas de "pescada" para indicar que a compositora foi descuberta.
Adxuntamos tamén o cartel coa programación da Semana de Igualdade que realizan no seu centro
Podedes acceder a páxinaweb a través da seguinte ligazón https://enclavemorada.cmusvigo.gal/creacions/tecendo-redes/
Contacto co centro: Teléfono: 986 213 395 Correo electrónico: cmusvigo.gal