Título node Learning object
O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Este día foi adoptado pola Asemblea Xeral da ONU en 1977, aínda que dous anos antes xa o empezara a conmemorar. A súa orixe está nas manifestacións das mulleres que, especialmente en Europa, reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre mulleres e homes.
Segundo argumenta Nacións Unidas, celebrar o 8 de marzo o día da muller está estreitamente vinculado os movementos feministas durante a Revolución Rusa de 1917.
Foi un 8 de marzo de 1917 (un 23 de febreiro, segundo o calendario xuliano que se utilizaba en Rusia), cando as mulleres rusas declaráronse en folga, pedindo Pan e paz. Catro días despois, o tsar viuse obrigado a abdicar e o goberno provisional concedeu ás mulleres o dereito de voto.
Podes localizar aquí algúns recursos de interese (actividades nos centros de ensino, material didáctico, webs de referencia):
- Instituto das Mulleres (Mulleres en cifras)
- Instituto das Mulleres (ONU Mulleres)
- Instituto das Mulleres (Mulleres e traballo)
- Instituto das muleres (Materiais didácticos)
- Observatorio de Igualdade e Emprego
- Ministerio de Igualdade
- Recursos Coeducativos
- Recursos Intef
- Mulleres en Galicia. Recursos didácticos
- Bibliotecas escolares de Galicia
- Mans Unidas
- Páxina web oficial de ONU Mulleres
- Blog Educando en igualdade. Blog de recursos para traballar a igualdade nos centros educativos
- Fundación Mulleres - Educar en igualdade
- Revista Educación 3.0
- Eduga
- Lectuas recomendadas para 8M Pinterest
- Lei de Igualdade: Lei 7/ 2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia