Título node Learning object

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2025
Mar, 11/02/2025 - 12:48
Dia da muller e a nena na ciencia

O día 11 de febreiro é o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia e foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 2015 co obxecto de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas,  para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas neste ámbito da tecnoloxía.

É necesario seguir visualizando o traballo das nosas científicas, fomentar a vocación investigadora das nenas e eliminar os estereotipos de xénero na ciencia e na tecnoloxía (STEM).  O Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia  recordamos que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía e  que a súa participación debe fortalecerse.

 

Na web de Mulleres en Gaicia (Consellería de Política Social e Igualdade), podedes atopar inforamción sobre referentes femininas galegas, premendo no seguinte enlace https://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/mulleres-con-ciencia

O MICIU celebra o " Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia", com máis de 220 actividades científicas, máis información premendo neste enlace https://www.ciencia.gob.es/Noticias/2025/febrero/dia-mujer-nina-ciencia.html

Co gallo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a Universidade de Vigo, a través da Unidade de Cultura Científica e da Innovación e da Unidade de Igualdade, organiza unha ampla programación de actividades https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/novas/dia-internacional-muller-nena-ciencia-2025

A Universidade de Santiago tamén un programa de actividades para a sensibilización https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional/conmemoracions-institucionais/11f-dia-internacional-mulleres-nenas-ciencia-2025

Varias investigadoras da Universidade da Coruña da Facultade de Informática imparten charlas no MUNCYT como mostra da relevancia das mulleres neste ámbito. https://infoguias.biblioteca.udc.es/c.php?g=710486&p=5271542