Resolución provisional de centros de nova incorporación admitidos en "Ponte... nas Ondas!" para o curso 2024/25
Mar, 04/02/2025 - 14:11
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución provisional de centros de nova incpororación admitidos no programa "Ponte... nas Ondas!" para o curso 2024/25.
Esta resolución abre un período de reclamacións ou renuncias de tres días hábiles posteriores á publicación da mesma no Portal Educativo. Dito período estará aberto dende o mércores 5 de febreiro ata o venres 7 de febreiro. As reclamacións ou renuncias deberán enviarse por Sede Electrónica dirixidas á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.