Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no Programa FSE+ Galicia 2021-2027, 2025
Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral
Data de publicación DOG: 04.02.2025
Código do procedemento: ED481A
Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 05.02.2025 ata o 04.03.2025
Cal é o obxecto destas axudas?
A contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador, e ademais permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.
Novidades desta convocatoria
Como novidade nesta convocatoria auméntase a dotación orzamentaria para o financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.
Quen pode solicitar estas axudas?
-
A Secretaría Xeral de Universidades financia as universidades públicas do SUG.
-
A Axencia Galega de Innovación financia as entidades alleas ao Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG): organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.
Tipo e intensidade da axuda:
-
Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
-
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
-
Intensidade da axuda: 100 %
-
Duración das axudas: un máximo de 4 anos
-
Orzamento total: 12.301.200,00 euros (a achega por parte da Secretaría Xeral de Universidades será de 10.854.000,00, namentres a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 1.447.200,00 euros )
Número e importe das axudas
Poderanse conceder un máximo de 102 axudas: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades.
O importe máximo de cada axuda é de:
-
24.600 € anuais durante a primeira e segunda anualidades do contrato
-
25.200 € durante o terceiro ano
-
30.600 € durante o cuarto ano
-
31.500 € no caso de que a persoa candidata acceda ao contrato de orientación posdoutoral
Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.
As estadías no estranxeiro de tres meses de duración terán un importe máximo de 6.000 € (Complemento estadías), en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte desagregación:
-
Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.
-
Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América (agás EUA e Canadá).
-
Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.
Un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía (Complemento 1).
Un complemento de 800 € no primeiro ano de contrato e de 400 € no segundo ano de contrato que recibirán as entidades beneficiarias para cubrir os gastos das persoas candidatas por cursar o correspondente programa de doutoramento (Complemento 2).
Para cubrir o custo da indemnización por expiración do tempo convido para o contrato, incluirase unha axuda total de 3.500,00 euros.
A onde acudir?
-
Para solicitudes presentadas por universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia:
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881995152 / 881995980
email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal
-
Para solicitudes dos organismos alleos ao SUG (organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia):
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal
Orde do 26 de decembro de 2024: Convocatoria (DOG)
Extracto da Orde do 26 de decembro de 2024 (DOG)
Esquema de requisitos e méritos PREDOUTORAIS 2025 (PDF)
Esquema RIS3 Galicia 2021-2027 (PDF)
Preguntas frecuentes (PDF)
Formulario de adecuación á RIS3 Galicia (ods)
Formulario de adecuación á RIS3 Galicia (xls)
Modelo de certificado da entidade solicitante en relación coa persoa directora da tese (odt)
Instrución 11/2024 da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Innovación (PDF)
Lista provisional de admitidos e excluídos: Predoutorais 2025