Visitas de estudo para especialistas en educación e formación profesional e responsables de toma de decisións
Anuncio do programa de visitas de estudo durante o período de setembro de 2010 a xuño de 2011.
O programa (Programa 2010) e o catálogo de visitas (Catálogo 2010 -2011) poden consultarse nos ficheiros que se xuntan.
O perfil dos solicitantes deberá corresponder a un dos seguintes: representantes das autoridades locais, rexionais e nacionais; directores de establecementos educativos e de formación profesional; centros de orientación, validación ou acreditación; xefes de departamento; directores de centros educativos e formadores de profesores; inspectores de educación e formación profesional; representantes de redes e asociacións de educación e formación; asesores pedagóxicos ou de orientación; representantes dos servizos educativos, oficinas de traballo ou centros de orientación; directores de recursos humanos; encargados de formación de empresas; representantes de cámaras de comercio, industria e oficios; representantes de organizacións patronais e de sindicatos; propietarios ou directores de pequenas e medianas empresas; investigadores.
Ademais, os participantes deben ser capaces de comunicarse polo menos nunha lingua comunitaria aparte da súa lingua materna. Deberán posuír un bo dominio da lingua de traballo da visita de estudos a fin de participar activamente nos debates.
Os prazos para a presentación das solicitudes son os seguintes:
- Visitas de estudo de setembro de 2010 a febreiro de 2011: presentación de solicitudes do 8 de febreiro ao 31 de marzo de 2010.
- Visitas de estudo de marzo de 2011 a xuño de 2011: presentación de solicitudes do 19 de xullo ao 15 de outubro de 2010.