ALERTA LARANXA por fenómeno meteorolóxico adverso

Mar, 28/01/2025 - 15:39

A AEMET e MeteoGalicia informan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA , por VENTOS en terra, na zona da MARIÑA DE LUGO, de 00.00h a 12.00h do día 29 de xaneiro 2025.  Logo de monitorizar a situación tras a acumulación de varios días consecutivos de temporal e a coincidencia horaria coa actividade lectiva, a Comisión Escolar de Alertas, na súa reunión do martes 28 de xaneiro ás 14:15h, tomando como base as alertas emitidas polas axencias meteorolóxicas, acorda a SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE DOCENTE e o TRANSPORTE ESCOLAR DE USO ESPECIAL na zona da MARIÑA DE LUGO durante toda a xornada do 29 de xaneiro de 2025.