Alerta complementaria dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento

Xov, 23/01/2025 - 13:37

MeteoGalicia informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por VENTOS nas seguintes zonas: suroeste de Coruña, oeste de Coruña e noroeste de Coruña a partir das 18:00h do venres 24 de xaneiro.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN de actividades no exterior DESDE AS 18H DO VENRES 24 en todos os centros educativos comprendidos nas zonas de aviso.
  2. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco detectado superior ao declarado, as persoas directoras poderán , coa previa comunicación a Dirección Territorial correspondente, adoptaras decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.
  3. Este acordo é complementario ao emitido o xoves 23 de xaneiro de 2025 polo que se acordaba a suspensión de actividades no exterior durante o venres 24 de xaneiro debido a un adverso de nivel LARANXA por VENTOS, na zona da MARIÑA DE Lugo e na montaña de Ourense.

 

MeteoGalicia alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por VENTOS mañá venres día 24.01.2025. Este adverso afectará á zona da Mariña de Lugo e na montaña de Ourense.

O listado de concellos pertencentes a cada zona meteorolóxica se detallan no ANEXO deste acta.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN de actividades no exterior DURANTE O VENRES 24 en todos os centros educativos comprendidos na zona de aviso.
  2. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco detectado superior ao declarado, as persoas directoras poderán , coa previa comunicación a Dirección Territorial correspondente, adoptaras decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas