Estudantes de 20 centros educativos de toda Galicia coñecen a experiencia de mulleres líderes nos seus sectores a través do programa Edureferentes
A Xunta e Executivas de Galicia impulsan este programa para sensibilizar aos máis novos sobre os estereotipos de xénero e promover a igualdade
Ademais de charlas con referentes femininos, o programa inclúe obradoiros de ‘softskills’ e creatividade e mentorías individualizadas
Estudantes de 20 centros educativos de toda Galicia coñecen este curso de primeira man a experiencia de mulleres líderes nos seus sectores a través do programa EduReferentes, impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e Executivas de Galicia.
Ao abeiro desta iniciativa, o alumnado asiste a charlas de 50 minutos a cargo de dúas profesionais referentes galegas en dous ámbitos profesionais diferentes para visibilizar a figura da muller en postos tradicionalmente masculinizados. Nestas sesións trabállanse cos estudantes os mitos sobre os diversos perfís desde unha perspectiva de xénero.
Tamén se desenvolven obradoiros educativos sobre softskills (as competencias relacionadas coa forma que ten unha persoa de relacionarse coa súa contorna social) e creatividade guiados por mulleres expertas e tamén centrados na educación emocional con perspectiva de xénero.
A maiores, o programa inclúe mentorías individualizadas para unha selección de cinco estudantes por centro. As mulleres mentoras comparten a súa experiencia e coñecementos, apoiando ao alumnado na busca das súas fortalezas, habilidades e intereses ao longo de diversas sesións individualizadas.
EduReferentes enmárcase nos obxectivos da Estratexia Galega de Convivencia Escolar Educonvives 2025, que procura a mellora do clima de convivencia nas aulas ao tempo que incide na consecución efectiva da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas en función da súa condición sexual.
Centros participantes
A relación de centros incluídos no programa no curso 2024/25 é a recollida na seguinte táboa:
Provincia |
Concello |
Centro |
---|---|---|
A Coruña |
Cee |
IES Agra de Raíces |
A Coruña |
Ferrol |
CIFP Ferrolterra |
A Coruña |
Ferrol |
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro |
A Coruña |
Mugardos |
IES de Mugardos |
A Coruña |
Muxía |
IES Ramón Caamaño |
A Coruña |
Val do Dubra |
CPI de Bembibre |
Lugo |
Cervo |
IES Marqués de Sargadelos |
Lugo |
Monforte de Lemos |
IES Río Cabe |
Lugo |
Monforte de Lemos |
IES A Pinguela |
Lugo |
Sarria |
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria |
Lugo |
Vilalba |
IES Lois Peña Novo |
Ourense |
Ourense |
IES Julio Prieto Nespereira |
Ourense |
Ourense |
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel |
Ourense |
Verín |
IES Xesús Taboada Chivite |
Pontevedra |
O Grove |
IES Monte da Vila |
Pontevedra |
Lalín |
IES Laxeiro |
Pontevedra |
Lalín |
IES Ramón Mª Aller Ulloa |
Pontevedra |
Mos |
IES de Mos |
Pontevedra |
Vigo |
CIFP Manuel Antonio |
Pontevedra |
Vila de Cruces |
IES Marco do Camballón |