Un total de 50 centros participan no novo programa teatral contra o acoso escolar

A iniciativa, que forma parte do Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar, chegará a arredor de 3.500 estudantes de Primaria no curso 2024/25

Baixo o título `Pasando a bóla, xogando para cambiar`, empregarase como unha ferramenta educativa e lúdica para sensibilizar e previr condutas de acoso entre o alumnado

Lun, 06/01/2025 - 09:57
Escaleira con lemas postos na baldas en diferentes cores

A Xunta de Galicia dá un novo paso na loita contra o acoso e o ciberacoso escolar coa posta en marcha do programa Pasando a bóla, xogando para cambiar, que será implementado en 50 centros educativos públicos durante este curso 2024/25. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Primaria e implicará a participación de arredor de 3.500 estudantes.

 

O programa consiste nunha representación teatral de 45 minutos, desenvolvida polo grupo A Xanela do Maxín, na que se recrean situacións de acoso e ciberacoso escolar mediante o uso de máscaras, figuras animadas e xogos de rol. Desta maneira, a actividade promove a reflexión activa e o pensamento crítico do alumnado, que colabora despois da representación propoñendo solucións aos conflitos escenificados. Este método busca reforzar valores como a igualdade, a non discriminación e a resolución pacífica dos conflitos, aspectos xa integrados nos currículos educativos e nas políticas de convivencia escolar.

 

Os 50 centros educativos seleccionados terán a oportunidade de desenvolver esta actividade ao longo do curso 2024/25, coa colaboración do profesorado e dos equipos de orientación. Cada sesión está deseñada para integrar de maneira dinámica ao alumnado, converténdoo en protagonista activo da reflexión e a busca de solucións ante situacións de acoso.

 

Tolerancia cero fronte ao acoso

A iniciativa insírese no marco do Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar, desenvolvido pola Xunta de Galicia como parte da Estratexia galega de convivencia escolar Educonvives 2025, que ten como obxectivo fortalecer a cultura do respecto, da tolerancia e da convivencia nos centros educativos.

 

O programa Pasando a bóla, xogando para cambiar, organizado por primeira vez desde a Consellería de Educación, representa un compromiso da Xunta de Galicia coa tolerancia cero fronte ao acoso escolar, empregando ferramentas innovadoras que combinan o enfoque lúdico coa educación en valores.

 

O listado dos centros participantes é o seguinte:

 

Centro

Concello

A CORUÑA

CEIP Plurilingüe Concepción Arenal

A Coruña

CEIP Plurilingüe Alborada

A Coruña

CEIP Plurilingüe Labaca

A Coruña

CEIP Ponte dos Brozos

Arteixo

CEIP Santa Baia

Boiro

CEIP Plurilingüe A Cristina

Carballo

CEIP Plurilingüe de Centieiras

Fene

CEIP Milladoiro

Malpica

CEIP de Melide Nº1

Melide

CPI Plurilingüe Virxe da Cela

Monfero

CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa

Mugardos

CEIP Couceiro Freijomil

Pontedeume

CEIP Santa Irene

Porto do Son

CEIP de Frións

Ribeira

CEP Plurilingüe de Carreira

Ribeira

CEIP Sada y sus Contornos

Sada

LUGO

CEIP Plurilingüe Santa María

A Fonsagrada

CEIP San Miguel de Reinante Barreiros

Barreiros

CEIP de Cervo

Cervo

CPI Plurilingüe Dr. López Suárez

Friol

CEIP Plurilingüe de Nadela

Lugo

CPI Plurilingüe Dr. López Suárez

O Saviñao

CEIP Plurilingüe Virxe da Luz

Portomarín

CEIP Otero Pedrayo

Rábade

CEIP Plurilingüe de Covas

Viveiro

OURENSE

CEIP Plurilingüe de Oímbra

Oímbra

CEIP Virxe de Covadonga

Ourense

CEIP O Couto

Ourense

CPI Virxe da Saleta

San Cristovo de Cea

CEIP Rosalía de Castro

Xinzo de Limia

CEIP Padre Crespo

Xunqueira de Ambía

PONTEVEDRA

CEIP Plurilingüe da Torre-Cela

Bueu

CEIP San Tomé

Cambados

CEIP de Atín-Cela

Mos

CEIP Mestre Valverde Mayo

Mos

CEIP San Martiño

Pontevedra

CEIP A Xunqueira Nº 2

Pontevedra

CEIP Plurilingüe de Laredo

Redondela

CEIP Plurilingüe Quintela

Redondela

CPI Julia Becerra Malvar

Ribadumia

CEIP Plurilingüe de Leirado

Salvaterra de Miño

CEIP Plurilingüe Nantes

Sanxenxo

CEIP Plurilingüe Nº 1

Tui

CEIP Plurilingüe de Guillarei

Tui

CEIP Plurilingüe de Caldelas

Tui

CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo

Valga

CEIP de Coutada-Beade

Vigo

CEIP Vicente Risco

Vigo

CEP Celso Emilio Ferreiro

Vigo

CPI do Toural

Vilaboa