O conselleiro de Educación destaca o valor solidario do III Mercado de Nadal do instituto IES Rosalía de Castro

Mér, 18/12/2024 - 12:44
m

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o a III Mercado de Nadal organizado polo Instituto IES Rosalía de Castro, onde puido coñecer de primeira man as actividades solidarias promovidas polos alumnos do Bacharelato Internacional. Este evento, enmarcado no proxecto CAS (Creatividade, Acción e Servizo), destaca polo seu compromiso co apoio á Cruz Vermella Española, permitindo que as familias máis vulnerables poidan gozar do Nadal.  

Durante a visita na que estivo acompañado polo director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, o conselleiro eloxiou o labor educativo e solidario do mercado, que non só fomenta a aprendizaxe a través da acción, senón que tamén abre as portas do instituto á comunidade. Iniciativas como esta permiten aos estudantes combinar formación académica e responsabilidade social, fortalecendo valores como a empatía, a cooperación e a solidariedade.