Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593)

Mér, 27/11/2024 - 14:55

Xúntase a Resolución do 27 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades 593084 Canto de jazz e 593086 Contrabaixo de jazz do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) (código de procedemento ED003A).

  •  As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.