O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta beneficia este curso a 107 centros da provincia de Lugo

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita a biblioteca escolar do Centro de Educación Especial Infanta Elena

A Consellería de Educación leva investidos 10.000 euros na renovación de mobiliario deste espazo educativo monfortino desde o curso 2022/2023

Mar, 26/11/2024 - 15:33
A Directora Xeral posando co alumnado do CEE Infanta Elena

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Centro de Educación Especial CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos, un dos 107 centros educativos da provincia de Lugo que participan no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe). A través deste plan, a Xunta de Galicia apoia as bibliotecas escolares como espazos estratéxicos para mellorar a calidade do ensino e a atención á diversidade mediante ferramentas de aprendizaxe e recursos para material didáctico.

 

Neste curso 2024/2025 o Plambe incorpora catro novos centros na provincia, que recibirán formación específica e apoio técnico a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Ademais, os 103 centros que renovan a súa participación, entre os que se encontra o CEE Infanta Elena, contarán con axudas para ampliar os fondos bibliográficos, modernizar o mobiliario e equipamentos ou sufragar gastos de mantemento e xestión das súas bibliotecas. Do concello de Monforte de Lemos tamén están subscritos a este plan os centros CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos, IES Francisco Daviña Rey, CEIP Plurilingüe A Gándara, IES Río Cabe, IES A Pinguela e a EOI de Monforte de Lemos.

 

O obxectivo principal deste programa é transformar as bibliotecas escolares en espazos dinámicos e innovadores, promovendo tanto a comprensión lectora como o hábito lector. A renovación dos recursos busca, ademais, fomentar a creatividade, ampliar as oportunidades de aprendizaxe e consolidar a biblioteca como un apoio esencial.

 

Mellora da atención a diversidade

O CEE Infanta Elena vén de renovar a súa biblioteca escolar con novo mobiliario a través deste plan, no que a Xunta leva destinado a este centro 10.000 euros desde a súa incorporación no curso 2022/2023. Ademais, este centro sumouse este curso ao programa Clubs de lectura co obxectivo de fomentar e consolidar os hábitos lectores e as competencias básicas do alumnado.

 

Neste sentido, a representante da Consellería de Educación puxo en valor o traballo que se realiza nesta biblioteca escolar a prol da mellora da atención á diversidade: “Accións como as que podemos ver hoxe nesta visita son moi enriquecedoras para o desenvolvemento do alumnado deste centro e para facer da lectura unha ferramenta fundamental da transformación educativa”, sinalou. Durante a visita, ademais de coñecer as instalacións do centro, Judith Fernández participou nunha sesión de lectura fácil e na contada O chuvasqueiro de Aurora.

 

As bibliotecas escolares son un motor esencial do desenvolvemento académico e persoal do alumnado galego. Por iso, a Xunta de Galicia impulsa numerosas accións nestes espazos para seguir apoiando a transformación e renovación das bibliotecas, tanto no que atinxe a programas específicos como á dotación de equipamento. Entre as iniciativas destacan o Plambe, a Biblioteca Creativa, Lectura e Familias ou os Clubs de lectura, entre outras.

 

Os centros participantes pódense consultar na seguinte táboa:

Concello

Centro

Alfoz

IES Alfoz-Valadouro

Alfoz

CEIP Plurilingüe do Castro de Ouro

Antas de Ulla

CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla

Baleira

CEIP Plurilingüe Concepción López Rey

Baralla

CPI Luis Díaz Moreno

Barreiros

CEIP de San Cosme

Barreiros

CEIP San Miguel de Reinante Barreiros

Becerreá

CEIP San Xoán

Becerreá

IES de Becerreá

Begonte

CEIP Virxe do Corpiño

Bóveda

CEIP Rosalía de Castro

Burela

IES Monte Castelo

Burela

CEIP Plurilingüe Virxe do Carme

Burela

IES Perdouro

Burela

CEIP Plurilingüe Vista Alegre

Castro de Rei

CEIP Ramón Falcón

Castro de Rei

CEIP Veleiro-Docampo

Castro de Rei

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

Castroverde

CPI Plurilingüe de Castroverde

Cervantes

CPI de Cervantes

Cervo

CEIP Península da Paz

Cervo

IES Marqués de Sargadelos

Cervo

CEIP de Cervo

Chantada

CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla

Chantada

IES Lama das Quendas

Corgo, O

CEIP Plurilingüe do Corgo

Cospeito

CEIP Plurilingüe de Muimenta

Cospeito

CPI Plurilingüe Virxe do Monte

Folgoso do Courel

CPI Poeta Uxío Novoneyra

Fonsagrada, A

CEIP Plurilingüe Santa María

Foz

CEIP Plurilingüe de Foz nº 1

Foz

CEIP Fondo Nois

Foz

IES de Foz

Friol

CPI Dr. López Suárez

Guitiriz

CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga

Guitiriz

CEIP Plurilingüe Lagostelle

Guitiriz

IES Poeta Díaz Castro

Guntín

CPI Plurilingüe Tino Grandío

Lugo

CEIP Sagrado Corazón

Lugo

CEIP Rosalía de Castro

Lugo

IES Ánxel Fole

Lugo

CEIP Albeiros

Lugo

CEIP Manuel Mallo Mallo

Lugo

EOI de Lugo

Lugo

CEIP Illa Verde

Lugo

CEIP de Casás

Lugo

IES Lucus Augusti

Lugo

IES Leiras Pulpeiro

Lugo

CEIP Menéndez Pelayo

Lugo

IES Sanxillao

Lugo

CEIP A Ponte

Lugo

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

Lugo

CEE Santa María

Lugo

IES Muralla Romana*

Meira

IES Pedregal de Irimia

Meira

CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz

Mondoñedo

CEIP Álvaro Cunqueiro Mora

Mondoñedo

IES Plurilingüe San Rosendo

Monforte de Lemos

CEE Infanta Elena

Monforte de Lemos

CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

IES Francisco Daviña Rey

Monforte de Lemos

CEIP Plurilingüe A Gándara

Monforte de Lemos

IES Río Cabe

Monforte de Lemos

IES A Pinguela

Monforte de Lemos

EOI de Monforte de Lemos

Monterroso

IES de Monterroso

Navia de Suarna

CPI Plurilingüe Navia de Suarna

Outeiro de Rei

CEIP Laverde Ruíz

Palas de Rei

CEIP Plurilingüe de Palas de Rei

Pantón

CEIP Plurilingüe Monte Baliño

Paradela

CEIP Plurilingüe San Miguel*

Pastoriza, A

CEIP O Salvador

Pobra do Brollón, A

CEIP Plurilingüe da Pobra de Brollón

Pol

CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro*

Pontenova, A

CEIP Plurilingüe da Pontenova

Pontenova, A

IES Enrique Muruais

Quiroga

CEIP de Quiroga

Quiroga

IES de Quiroga

Rábade

IES Río Miño

Rábade

CEIP Otero Pedrayo

Ribadeo

CEIP Gregorio Sanz

Ribadeo

EOI de Ribadeo

Ribadeo

IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Ribas de Sil

CEIP de San Clodio

Sarria

IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

Sarria

IES Gregorio Fernández

Sarria

CEIP Antonio Fernández López

Sarria

EEI Xela Arias

Saviñao, O

CPI Plurilingüe Dr. López Suárez

Sober

CEIP Plurilingüe Virxe do Carme

Valadouro, O

CEIP Plurilingüe Santa María do Valadouro

Vicedo, O

CEIP do Vicedo

Vilalba

IES Santiago Basanta Silva

Vilalba

IES Lois Peña Novo

Vilalba

CEIP Terra Chá

Vilalba

EEI de Vilalba

Vilalba

CEIP Antonio Insua Bermúdez

Vilalba

CEIP Monseivane*

Viveiro

CEIP Plurilingüe de Covas

Viveiro

CEP Luís Tobío

Viveiro

EEI San Roque

Viveiro

CEIP de Celeiro

Viveiro

CEIP Plurilingüe Santa Rita

Viveiro

IES Vilar Ponte

Viveiro

IES María Sarmiento

Xove

IES Illa de Sarón

Xove

CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán

*Centros de nova incorporación este curso