Título node Learning object

Fállanse os premios do concurso 25N
Lun, 25/11/2024 - 10:09
25N

Segundo a deliberación do xurado, que estivo composto por representantes da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e da Comisión Asesora de Publicidade non Sexista, na convocatoria do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 novembro de 2024 " Día Internacional contra a Violencia de Xénero", os centros premiados son os seguintes:

 

 

 

  • Modalidade Imaxe gráfica:

1ª Categoría  (alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial:

1º premio: unha alumna de 2º da ESO do IES  O Milladoiro, no concello de Ames, polo seu traballo Ti eres capaz de axudala, non apartes a mirada.

2º premio: unha alumna  1º da ESO do Colexio Plurilingüe A Purísima de Ourense, pola súa proposta Nin unha máis #acabouse.

2º Categoría (alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior):

1º premio: unha alumna de 3º de ESO do CPR Plurilingüe Alba de Vigo, que presentou o traballo Non estás soa, xuntos lograremos o cambio.

2º premio: unha alumna de 4ª da ESO do Colexio Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo que realizou o cartel Saír á calle non debe dar medo.

Accésit que recaeu no alumno do IES Xermán Ancochea Quevedo da  Pobra de Trives, que presentou o traballo Xoga á Oca feminista.

  • Modalidade audiovisual:

1º Categoría (alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial:

1º premio: un grupo de alumnos de 6º de Primaria do CEIP de O Couto de Ourense, que leva por título Nós somos feministas, e ti?

2º Categoría (alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior):

1º premio: un grupo de alumnos e alumnas do 2º Ciclo Superior de Administración e Finanzas e de 2º de Bacharelato do IES Fernando Blanco de Cee. No efecto dominó da violencia machista, eliminemos a ficha.

2 premio: un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato do IES Soutomaior coa peza A violencia non é un conto.