Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en varias especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)
Xúntase a Resolución do 13 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades 590002, 590003, 590012, 590015, 590106, 590110, 590111, 590112, 590124, 590125, 590205, 590210, 590212, 590214 e 590231 do corpo de profesores de ensino secundario (590) (Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.
- Prazo: 18 a 20 de novembro de 2024 ambos incluidos.
Resolución do 17 de outubro de 2024 convocatoria corpo 590
Resolución provisoria do 29 de outubro 2024
Baremo provisorio 590107-590206-590227
Listaxe provisoria de persoas excluídas 590107-590206-590227
Resolución definitiva do 07 de novembro 2024
Baremo definitivo 590107-590206-590227
Listaxe definitiva de persoas excluídas 590107-590206-590227
Resolución provisoria do 15 de novembro de 2024
Listaxe provisoria excluídos 590002 e outros
Resolución definitiva do 26 de novembro 2024
Baremo definitivo 590(002-003-012-015-106-110-111-112-124-125-205-210-212-214-231)