Título node Learning object
As investigacións arredor do maltrato entre iguais insisten en que a prevención é un aspecto fundamental para acabar con el, e que esa prevención require previamente do coñecemento das características que o definen e o diferencian doutros fenómenos similares.
En concordancia con ese obxectivo considerouse útil a elaboración dun material de carácter divulgativo que dea a coñecer as súas particularidades máis significativas e que poida chegar aos diferentes colectivos da comunidade educativa.
A finalidade última que se persegue é a de sensibilizar a todo o colectivo sobre a importancia dos comportamentos ligados ao maltrato entre iguais e sobre os custos emocionais e persoais que teñen para as persoas implicadas nel.
Dada a variedade dos destinatarios, considerouse oportuno a elaboración dun material similar, pero ao mesmo tempo diferente, dirixido aos seguintes colectivos:
- Material do alumnado: Non fagas trato co maltrato.
- Material do profesorado
- Material das familias
Outros materiais similares:
Programa de sensibilización contra o maltrato entre iguais (C.A.V.A.S. Cantabria)
Programa de sensibilización contra o maltrato entre iguais (Junta de Castilla y León - Rea)