Título node Learning object
O programa de ensinanza da Lingua Árabe e Cultura Marroquí (PLACM) está establecido ao amparo do vixente Convenio de Cooperación Cultural entro o Goberno de España e o Goberno do Reino de Marrocos do 14 de outubro de 1980, en vigor desde o 12 de outubro de 1985 (BOE nº 243 do 10 de outubro de 1985) e na aplicación do artigo IV.2, que establece as bases deste programa.
Este programa vai dirixido ao alumnado marroquí escolarizado nos centros educativos de primaria e secundaria, podendo participar tamén nestas clases, o alumnado doutras culturas e ao profesorado que o acolle.
Entre os obxectivos do programa, cabe destacar:
- Ensinar a lingua árabe e a cultura marroquí ao alumnado marroquí escolarizado en centros educativos de primaria e secundaria; tamén ao alumnado non marroquí que así o desexe.
- Favorecer a integración escolar deste alumnado no sistema educativo, proporcionándolle unha formación que lle permita salvagardar a súa identidade, vivir a súa cultura respectando a do país de acollida, ter confianza nel mesmo e no seu porvir.
- Fomentar a educación intercultural, a inclusión escolar e sociocultural deste alumnado no Sistema Educativo Español e na sociedade española dende unha perspectiva educativa intercultural.
Neste programa participan centros educativos das catro provincias galegas que contan con 4 docentes directamente enviados polo Reino de Marrocos, a través da súa Embaixada.
Documentos (descargables PDF):
- Instrucións do PLACM 2024-2025
- Anexos das Instrucións do PLACM 2024-2025
- Convenio hispano-marroquí
- Guía de información completa do Programa PLACM
- Guía práctica do profesorado do Programa PLACM (en castelán)
- Guía práctica do profesorado do Programa PLACM (en árabe)