Título node Learning object

Programa de Lingua e Cultura Portuguesa
Ven, 06/04/2012 - 09:39
Instituto Camões

O Programa de Lingua e Cultura Portuguesa (PLeCP antes LALO) constituíuse orientado á integración dos fillos e fillas de emigrantes lusos. En todo caso, contemplouse tamén o desenvolvemento e promoción na comunidade educativa das súas referencias lingüísticas e culturais e mais a participación de alumnado galego nas aulas de portugués. Trátase dun programa enmarcado na educación na interculturalidade e na aprendizaxe dunha segunda lingua estranxeira.

Tivo un carácter experimental, durante 5 cursos (ata 1987-1988), en colexios de Educación Infantil e Primaria e sendo destinatarios os centros con nº significativo de alumnado de orixe portugués ou luso falante.

Posteriormente (no curso 1993-1994) creouse a Rede de centros do Programa (rede oficial de cursos de ensinanza do portugués no exterior), sendo os destinatarios os fillos e fillas de emigrantes lusos e contemplándose tamén o desenvolvemento e promoción na comunidade educativa das súas referencias lingüísticas e culturais e a participación de alumnado galego nas aulas de portugués, que se ofrece como materia optativa.

Trátase dun programa de cooperación institucional entre España e Portugal en materia educativa e cultural, e para o seu desenvolvemento existe unha Comisión Mixta Cultural Luso-Española, integrada polos representantes do Ministerio de Educación e das Comunidades Autónomas, por parte española, e da Embaixada de Portugal en Madrid, por parte portuguesa (coa colaboración do Instituto Camões), tamén se crea unha Comisión Técnica de Seguimento.

Na actualidade en Galicia (Curso 2012-2013) participan neste programa 11 centros educativos da provincia de Ourense, que contan con 4 docentes directamente enviados polo Ministerio de Educación Portugués, a través da súa Embaixada (coa colaboración do Instituto Camões).

Normativa: Directiva 77/486/CEE

Máis información:  Programa de Lingua e Cultura Portuguesa

                              Instituto Camões