Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593 e 594)
Xúntase a Resolución do 29 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades 593100 Tecnoloxía musical e 593476 Jazz-contrabaixo do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) e en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) (Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.
Resolución do 16 outubro de 2024 convocatoria corpos 593, 594 e 595
Corrección de erros da Resolución do 16 outubro de 2024
Resolución provisoria do 29 de outubro de 2024
Baremo provisorio 593100- 593476
Listaxe provisoria de persoas excluídas 593-594
Resolución provisoria do 5 de novembro de 2024
Relación provisional excluídos varios 593 e 595
Resolución definitiva do 7 de novembro de 2024_593 e 594
Baremo definitivo 593100 – 593476
Relación definitiva de excluídos 593100-593476-594