Título node Learning object

Proxecto TICO (Taboleiros Interactivos de COmunicación)
Xov, 05/04/2012 - 15:14
Tico
Editor e Intérprete TICO

Proxecto TICO (Taboleiros Interactivos de COmunicación) é unha aplicación informática para xerar e utilizar taboleiros de comunicación de forma interactiva. O programa está composto de dúas aplicacións independentes e diferenciadas pero complementarias entre sí: Editor e Intérprete.

  • Co Editor pódense crear os taboleiros que conterán todos os elementos visuais, auditivos o de control do contorno.
  • O Intérprete permite usar os taboleiros de comunicación previamente creados co Editor para superar as limitacións comunicativas. Esta aplicación está dotada dunha función de varrido que fai un recorrido secuencial polos elementos do taboleiro, co que se facilita o acceso ás persoas con trastornos graves na motricidade. Ademais, os elementos do taboleiro pódense agrupar para construír frases.

O obxectivo inicial deste proxecto foi o deseño e desenvolvemento dunha ferramenta software, facilitando a interacción co contorno a persoas con graves trastornos na expresión oral e aumentando así o seu nivel de autonomía e posibilidades de interrelación co medio. Ademais, a aplicación está dotada dunha función de varrido que selecciona de xeito secuencial os elementos presentes no taboleiro, pudendo ser utilizada con outros dispositivos físicos distintos ao rato, e que permite a súa accesibilidade para persoas con dificultades motrices.

Dada la versatilidade do programa, o segundo obxectivo proposto foi que TICO puidera ser utilizado como elemento de acceso a distintas áreas do currículo, mediante o deseño de actividades orientadas a isto. Por último, TICO deseñouse como interface para futuras implementacións de control do contorno, habilitando o seu uso para outro espectro de posibilidades á marxe da comunicación.

Un dos aspectos máis relevantes e sobre o que máis se traballou é a acumulación das celas que o usuario selecciona na fiestra inferior da pantalla, o que permite xerar e articular frases cunha estrutura sintáctica similar á utilizada na comunicación oral espontánea.