A Xunta recoñece a excelencia de 23 titulados de FP de grao superior cos premios extraordinarios
Os galardóns, dotados con 1.000€ por persoa, teñen como obxectivo premiar o traballo e os bos resultados académicos destes alumnos
Enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de recoñecer a 23 titulados de FP de grao superior, a razón de un por cada unha das familias profesionais, a excelencia a través dos Premios extraordinarios de grao superior para o alumnado que rematou os seus estudos no curso 2022/2023.
O obxectivo deste galardóns, que cada ano convoca a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, é recoñecer publicamente o esforzo e traballo dos estudantes de Formación Profesional de grao superior en Galicia que obtiveron excelentes resultados académicos. Os premios extraordinarios enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para fomentar e poñer en valor a excelencia dentro do sistema educativo galego. De feito, para optar a estes recoñecementos os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.
A dotación orzamentaria para estes premios é de 23.000 euros que se distribúen entre os galardoados na contía de 1.000 € por alumno. Ademais, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior.
Os premiados son os que se relacionan na seguinte táboa:
Galardoado |
Familia profesional |
Provincia |
Concello |
Centro educativo |
Daniel Villasenín |
Actividades físicas e deportivas |
A Coruña |
Culleredo |
CIFP Universidade Laboral |
Borja Bastero |
Administración e xestión |
Pontevedra |
Vigo |
CPR Vivas |
Daniel Fernández |
Agraria |
Lugo |
Mondoñedo |
IES Plurilingüe San Rosendo |
Estefanía Sánchez |
Artes gráficas |
A Coruña |
Ferrol |
CIFP Leixa |
Nikol Soto |
Comercio e márketing |
A Coruña |
A Coruña |
IES Ramón Menéndez Pidal |
Jorge Fraga |
Edificación e obra civil |
A Coruña |
A Coruña |
CIFP Someso |
Antonio Mourelle |
Electricidade e electrónica |
A Coruña |
Culleredo |
CIFP Universidade Laboral |
Martín Castro |
Enerxía e auga |
A Coruña |
Culleredo |
CIFP Universidade Laboral |
Javier Suárez |
Fabricación mecánica |
A Coruña |
Ferrol |
CIFP Ferrolterra |
Yasmina Conde |
Hostalaría e turismo |
Ourense |
Vilamarín |
CIFP Vilamarín |
Daniel Souto |
Imaxe e son |
Pontevedra |
Vigo |
CIFP Audiovisual de Vigo |
Celsa Negreira |
Imaxe persoal |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
CPR Reyblanc |
Adrián Abelaria |
Industrias alimentarias |
Lugo |
Sober |
CPR Belarmino Fernández Iglesias |
Diego Sierra |
Informática e comunicacións |
Pontevedra |
Vigo |
CPR Daniel Castelao |
Ricardo Pereira |
Instalación e mantemento |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
CIFP Politécnico de Santiago |
Macarena Casteleiro |
Madeira, moble e cortiza |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
CIFP Politécnico de Santiago |
Diego José Posada |
Marítimo-pesqueira |
Pontevedra |
Vigo |
Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico |
Ana Pérez |
Química |
Lugo |
Lugo |
IES Lucus Augusti |
Iria Seijas |
Sanidade |
A Coruña |
Santiago de Compostela |
CPR Fesán |
Marta González |
Seguridade e ambiente |
Pontevedra |
Ponteareas |
CIFP A Granxa |
Amanda Villamar |
Servizos socioculturais e á comunidade |
A Coruña |
A Coruña |
CPR Castelao |
José Luis Abella |
Téxtil, confección e pel |
A Coruña |
A Coruña |
CIFP Paseo das Pontes |
Diego Portos |
Transporte e mantemento de vehículos |
A Coruña |
Curtis |
IES de Curtis |