Título node Learning object
Ligazón á páxina web da Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC)
Mér, 04/04/2012 - 14:55
ASAC é unha asociación sen ánimo de lucro, un lugar de encontro das familias de nenos con alta capacidade intelectual. Trátase dunha asociación de pais que pretende, a través de talleres de enriquecemento e saídas culturais, estimular as capacidades dos seus fillos e proporcionar un ambiente que facilite a convivencia e o desenvolvemento das habilidades sociais.
Ademais, prográmanse distintas conferencias e charlas para orientar e formar aos pais no mundo das Altas Capacidades. Un Equipo Técnico colabora na organización das actividades ao tempo que presta información e axuda a aquelas familias e nenos que o necesiten.
Os fins de ASAC son:
- Promover unha educación axeitada ás persoas con altas capacidades.
- Favorecer unha formación adecuada a pais, nais, titores, educadores e outros profesionais vinculados coas altas capacidades, para unha mellor comprensión e tratamento das persoas con altas capacidades.
- Potenciar a investigación en altas capacidades.
- Procurar a integración das persoas con altas capacidades na seu entorno social.
- Promover a mellora da calidade de vida das asociadas e asociados a todos os niveis (educacional, cultural, deportivo e social).