Título node Learning object
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten como fins mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade, tendo como misión conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
COGAMI é unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública e recoñecida legalmente como entidade colaboradora en materia social en favor das persoas con discapacidade física. Ten como finalidade a integración social das persoas con discapacidade da Comunidade Autónoma de Galicia, para a cal promove e coordina un movemento asociativo con obxectivos e valores similares á vez que presta unha serie de servizos totalmente gratuítos para as persoas con discapacidade e as súas familias.
A aposta de COGAMI polo emprego constitúe un dos eixos fundamentais para a integración e normalización das persoas con discapacidade, non só pola independencia económica que aporta, senón tamén, como elemento de socialización. Por este motivo, existe o Grupo COGAMI (Galega de Economía Social, S.L.), grupo empresarial de economía social formado por varias iniciativas que dan emprego numerosas persoas con discapacidade.