Título node Learning object

Convocatoria do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais contra a violencia de xénero
Xov, 03/10/2024 - 09:27
Logo xunta

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e de sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

Tema: Reflexión contra a violencia de xénero.

Destinatarios: Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de primaria, ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

Participación:  Os traballos poderán realizarse  individualmente ou en grupo a través de equipos guiados por 1 docente e constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado.

Categorías:

  • 1ª Categoría: alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.
  •  2ª Categoría: alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
  • 3ª Categoría: alumnado das ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño

Modalidades de participación:

  • Modalidade "Imaxe gráfica": consiste na realización dun traballo gráfico (cartel, cómic, ilustración, debuxo...).
  • Modalidade "Peza audiovisual": consiste na realización dun traballo audiovisual (curtas, viodeoclips, performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados...).

Prazo de presentación dos traballos: ata o día 8 de novembro de 2024, ás 15:00 horas.