Proposta do Consello Asesor sobre a solicitude de subvención de formación de adultos pola entidade sen ánimo de lucro Asociación de Discapacitados do Baixo Miño Vontade
De conformidade co previsto na base 5ª da Orde do 16 de decembro de 2011 (26/12/2011) pola que se convocaron as subvencións a entidades locais e asociacións sen ánimo de lucro, faise pública a proposta do Consello Asesor sobre a solicitude presentada pola sociedade antes mencionada. A proposta está contida no Anexo II que se achega con este anuncio.
Consonte co establecido na citada base 5ª, a interesada dispón de 10 días, contados a partir do día seguinte ao desta publicación, para formular alegacións e presentar os documentos que consideren pertinentes.
Anexo I : Puntuación das solicitudes propostas para concesión. Concellos
Anexo II : Relación de solicitudes propostas para denegación
Anexo II : Relación de solicitudes propostas para denegación (2ª acta)
Resolución do 27 de setembro de 2012: Ampliación do prazo da xustificación das actividades (DOG)