Convocatoria de bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2012/2013
Xúntase a Orde do 15 de marzo de 2012 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2012/2013.
Convócanse 98 bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña ou Universidade de Vigo) ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe en programas de intercambio relacionados cos estudos que está a cursar, con países extracomunitarios, agas o Programa Erasmus.
Poderán solicitar estas axudas os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomado, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nunha universidade pertencente ao SUG ou centro asociado da UNED en Galicia.
- Ter cursados os últimos tres anos académicos nalgún centro ou universidade da Comunidade Autónoma.
- Os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a condición de residentes, e non poderán realizar o intercambio con universidades do seu pais de orixe.
- Realizar o programa de mobilidade a través da universidade ou centro asociado da UNED en Galicia
Período de solicitude:
Prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de xuño de 2012.
As listas provisionais de admitidos e excluídos por documentación serán expostas o 4 de setembro do 2012. Os interesados disporán dun prazo de reclamación que é do 5 de setembro ao 15 de setembro de 2012.
Orde do 15 de marzo de 2012 : Convocatoria de bolsas destinadas aos estudantes universitarios que participan..(DOG) Relación provisional das solicitudes admitidas e excluídas Relación definitiva das solicitudes admitidas e excluídas Anexo de aceptación ou renuncia Orde do 10 de outubro de 2012: Resolución do concurso público das bolsas (DOG)