Título node Learning object

Unha alumna do IES do Castro (Vigo) participante no Instituto de Verán Benjamin Franklin 2012 en EEUU
Xov, 29/03/2012 - 10:32
Embaixada EEUU en España

Antía Fernández Fernández, estudante de 2º de Bacharelato do IES do Castro (Vigo) acadou unha das dúas bolsas adxudicadas a España para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin 2012, programa financiado pola Embaixada dos Estados Unidos en España para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos.

O Instituto terá lugar nunha localidade norteamericana durante catro semanas en xuño-xullo de 2012 e reunirá aproximadamente a 45 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes norteamericanos/as. Os e as participantes levarán a cabo unha gran variedade de actividades: seminarios, programas de apoio comunitario e voluntariado, viaxes de estudo e eventos culturais. Traballarán nun proxecto conxunto e explorarán como os/as mozos/as de hoxe interactúan cos medios de comunicación, tanto na súa faceta de consumidores como de produtores de información. Abordarán tamén como a liberdade de expresión impón ás persoas cidadás tanto dereitos como responsabilidades.

Os resultados desta última convocatoria están publicados no Departamento de Eduación da Embaixada dos Estados Unidos en España.