A Xunta outorga as axudas para que as confederacións e federacións de anpas e as anpas de Educación Especial financien as súas actividades

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP habilita unha partida de 66.298€, un 10% máis que o ano pasado

As axudas están destinas a 26 entidades para que sufraguen gastos de xestión, administración, adquisición de material e mantemento das súas instalacións

Mér, 07/08/2024 - 12:36
a

A Xunta concedeu este ano axudas para financiar actividades de 26 entidades, entre confederacións e federacións de asociacións de nais e pais do alumnado e anpas de centros de Educación Especial.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional habilitou este ano unha partida de 66.298€ –un 10% máis ca o ano pasado– co obxectivo a contribuír ao funcionamento destas asociacións. As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades, como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período. A subvención é compatible con outras axudas outorgadas por outra administración pública ou entes públicos ou privadas, nacionais ou internacionais.

As entidades beneficiarias, segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia son as reflectidas na seguinte táboa

Provincia

Concello

Entidade

Coruña, A

A Coruña

CONFAPA (Confed. Galega ANPAS centro públi.)

Coruña, A

A Coruña

Federación provincial ANPAS centros públicos-FAPA Coruña

Coruña, A

Carballo

Federación centros públicos “A Costa da Morte”

Coruña, A

Ribeira

ANPA CEE Amicos

Coruña, A

Santiago de Compostela

Confederación ANPAS galegas

Coruña, A

Santiago de Compostela

Federación de centros públicos Compostela

Coruña, A

Santiago de Compostela

ANPA Colexio Duques de Lugo

Lugo

Lugo

FAPACEL Federación provincial de ANPAS de centros públicos

Lugo

Lugo

FAPA Lugo

Lugo

Lugo

ANPA CEE Santa María

Lugo

Monforte de Lemos

ANPA CEE “Infanta Elena”

Ourense

Ourense

CONGAPA

Ourense

Ourense

Federación provincial de ANPAS de centros públicos As Burgas

Ourense

Ourense

Federación de ANPAS de Centro Privados e Concertados

Ourense

Ourense

ANPA CEE O Pino

Pontevedra

Guarda, A

ANPA CEE Joaquina Sobrino

Pontevedra

Estrada, A

FESANPAS Federación Estradense de Asociacións de nais e pais de alumnos

Pontevedra

Lalín

FAFADE Federación de Asociacións de familias do alumnado do Deza

Pontevedra

Nigrán

ANPA La Ilusión del Val Miñor

Pontevedra

Gondomar

Federación de ANPAS do Val Miñor

Pontevedra

Pontevedra

ANPA CEE Juan XIII

Pontevedra

Pontevedra

Federación provincial de ANPAS de centros públicos-FANPA

Pontevedra

Vigo

ANPA CEE A Menela

Pontevedra

Vigo

FOANPAS Federación ANPAS “Olívica”

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

ANPA CEE Os Mecos

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

FEAPA Pontevedra